MANUEL MARÍA EN MOSTEIRÓN

Para conmemorar As Letras Galegas, este ano, dedicadas a Manuel María , estamos a facer algunhas actividades no "insti". 
Nesta entrada iremos colocando a referencia ás cousas que vaiamos facendo:

  1. MURAL SOBRE A VIDA E A OBRA DE MANUEL MARÍA
O primeiro de todo, para visibilizar a obra de Manuel María, preparamos unha exposición no recibidor do instituto. Alí podemos atopar unha fotobiografía, unha escolma de textos poéticos e unha reprodución en formato "minilibro" de moitas das súas obras.
  

2. "BAUTISMO" DUNHA DAS NOSAS AULAS  CO NOME DO AUTOR.

Decidimos "bautizar" unha das aulas do instituto co nome do escritor ,  e o alumnado de 4º de PDC  pintou a porta inpirándose na portada dun dos libros de Manuel María :


3. ILUSTRACIÓN DE POEMAS DE MANUEL MARÍA
O alumnado de 4º de ESO , seleccionou un poema para ilustralo nas clases de Plástica. Estes son algúns dos resultados:

























4. ROTEIRO POLA TERRA CHÁ  E RODAXE DUNHA CURTA.
Co propósito de afondar na figura de Manuel María , preparamos unha visita á Casa Museo do escritor en Outeiro de Rei e coñecemos  lugares como a Carballeira de Santa Isabel ou as Penas de Rodas, moi singnificativos na súa obra. Esta visita  é unha primeira aproximación a estes espazos , aos que acudiremos varias veces,  xa que baixo a dirección de Natalia ( a profe de Plástica ) e en coordinación co CGAI o alumnado realizará unha curtametraxe dedicada ao autor . A seguir deixo as mostras da actividade aínda en proceso:
Na segunda visita ás terras de Outeiro de Rei, xa feitos uns cineastas, os alumnos/as comezaron a rodaxe:



5. MANUEL MARÍA AO GRANDE!

O alumnado de PDC pintou en cartón un Manuel María en tamaño natural. Vaia privilexio telo no insti e poder fotografarse ao seu carón!

6. ENCONTRO CON SALETA .

O día 5  de maio , tivemos a sorte de contar con Saleta Goi, a viúva de Manuel María , que se prestou a que a gravásemos lendo uns versos para a nosa curtametraxe. Foi unha xornada marabillosa!



2 comentários:

  1. Inés de Nieves Lamas07/02/16, 21:30

    Que bonitas actividades, Belén!! Bo traballo!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Inés, sempre dando ánimos!

      Eliminar