O GUELIRPE
O
guelirpe é unha mestura de guepardo,
galiña e serpe . Ten a aparencia dun guepardo cunhas ás cheas de plumas, que lle saen preto das
patas dianteiras, e rabo de serpe.
Pon ovos cun particular costume :
cada catro anos colle velocidade, voa e finalmente pon un ovo no aire. Este
ovo cae ao chan, pero non rompe debido á súa dureza, e cando pasan catro meses
eclosiona. O guelirpe nace adaptado ao terreo no que caia o ovo, pero sempre
ten ás e cola de serpe. Posteriormente , cando xa ten un tempo de vida, vai ás
casas das persoas para deixar as plumas por todas partes. A un señor chamado
Rigoberto pasoulle que el estaba durmindo
na súa casa e no medio da noite espertou porque sentiu como se algo
estivese enriba del. Non lle deu importancia e volveu durmir, ao acordar pola
mañá, levantouse e viu que todo estaba cheo de plumas . Tardou dúas horas en
acabar de recollelas , pero ao día seguinte volveu suceder o mesmo.
Sem comentários:
Enviar um comentário