Hoxe o alumnado de 1º de ESO participou nunha sesión de contacontos ilustrado . A actividade, a cargo do colectivo POLO CORREO DO VENTO , está baseada na súa publicación titulada Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Pequena biografía de Xela Arias, pertencente á colección “Mulleres galegas” de Lela Edicións.
Carlos Taboada e Enrique Mauricio explicaron a biografía de Xela Arias acompañando o seu ameno relato con fermosas ilustracións . Remataron cun obradoiro de debuxo no que o alumnado fixo caricaturas da poeta nacida en Sarria.
Foi unha actividade entretida e ben proveitosa!
Sem comentários:
Enviar um comentário