Páxinas

17/02/2012

Rosalía : muller e escritora.


ROSALÍA DE CASTRO, MULLER E ESCRITORA.
    Rosalía deixou constancia da súa conciencia como muller escritora en moitos dos seus escritos, ademais de dedicarlles moitas das súas páxinas e poemas ás mulleres traballadoras galegas, fundamentalmente na sección de Follas Novas titulada " As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos" 
     Nunha sociedade como a decimonónica, que lle reservaba ás mulleres unha función reprodutora , e que consideraba a lingua galega como un dialecto rústico impropio da cultura, o papel desempeñado por Rosalía de Castro foi admirable. A defensa continuada que fixo das mulleres na a obra revélanos que a a foi unha toma de posición consciente da problemática da muller. A a loita constante por ser escritora, e en galego, nun mundo de homes, xoa merecedora de múltiples  desprezos naquela época e en posteriores, mais co tempo converteuse nunha precursora da loita das mulleres por acadar os dereitos que como persoas lles corresponden. 
Lede con atención os seguintes textos e valorade as palabras da autora en relación ao papel da muller.

("Pero sobre todo ,amiga mía, tu no sabes lo que es ser escritora.Serlo como Jorge Sand vale algo;pero de otro modo,¡qué continuo tormento!; por la calle te señalan constantemente, y no para bien, y en todas partes murmuran de ti.Si vas a la tertulia y hablas de algo de lo que sabes, si te expresas siquiera en un lenguaje algo correcto, te llaman bachillera,dicen que te escuchas a ti misma,que lo quieres saber todo(...)Si te haces modesta y por no entrar en vanas disputas dejas pasar desapercibidas las cuestiones con que te provocan ¿Dónde está tu talento?; ni siquiera sabes entretener a la gente con una mera conversación.(...)Las mujeres ponen en relieve hasta el más escondido de tus defectos y los hombres no cesan de decirte siempre que pueden que una mujer de talento es una verdadera calmidad, que vale más casarse con la burra de Balaam, y que sólo una tonta puede hacer la felicidad de un mortal varón.(...)Pero es el caso, Eduarda, que los hombres miran a las literatas peor que miraran al diablo y éste es un nuevo escollo que debes temer, tu que no tienes dote.Unicamente alguno de verdadero talento pudiera, estimándote en lo que vales, despreciar necias y aún erradas preocupaciones;pero...¡ay! de ti entonces!, ya nada de cuanto escribes es tuyo, se acabó tu numen, tu marido es el que escribe y tú la que firmas.")
                             Rosalía de Castro "Las Literatas"

( A Fernán Caballero:
Señora:por ser mujer y autora de unas novelas hacia las cuales siento la más profunda simpatía, dedico a usted este pequeño libro.Sirva él para demostrar(...) el grande aprecio que le profeso, entre otras cosas por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país.)
                               Dedicatoria de Cantares Gallegos

("No aire andan dabondo as cousas graves,é certo; fácil é conocelas, e hastra falar delas; mais son muller e ás mulleres, apenas si á propia feminina fraqueza lle é permitido adiviñalas,sentilas pasar.Nós somos arpa de soio dúas cordas, a imaxinación e o sentimento (...) É deles ver as chagas e sondalas e buscarlles procuro; é noso axudarlles a soportalas,máis con feitos iñorados que con palabras e rumores.O pensamento da muller é lixeiro; góstanos como as vorvoletas, voar de rosa en rosa sobre as cousas tamén lixeiras:n'é feito para nós o duro traballo da meditación...")
                     Rosalía de Castro (Prólogo de Follas Novas)

"Daquelas que cantan as pombas i as frores,
todos din que teñen alma de muller.
Pois eu que n'as canto, Virxe da Paloma,
¡ai!,¿de que a terei?"
                     Rosalía de Castro Follas Novas

"...mais o que me conmoveu sempre, e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as innumerables coitas das nosa mulleres.(...)No campo compartindo mitade por mitade as máis rudas faenas; na casa soportando valerosamente as ansias da maternidade, os traballos domésticos e as arideces da probeza.Soias o, o mais do tempo, tendo que traballar de sol a sol, e sen axuda pra mal manterse...
... a emigrazón e o Rei arrebátanlles de contino o amante, o irmán, o seu home...
...escuras e valerosa heroínas, que viven e morren levando a cabo feitos maravillosos por sempre iñorados, pero cheos de milagres, de amor e de abismos de perdón..."
Rosalía de Castro (Prólogo de Follas Novas)

0 comentarios:

Enviar um comentário