20/09/2013

A INSTANCIA


                É un documento mediante o que realizamos unha petición escrita dirixida a algunha das administracións públicas: local (un concello), provincial (a deputación), autonómica (un organismo dependente da Xunta de Galicia) ou central (un organismo dependente do Goberno central).
A linguaxe da instancia, dado o carácter oficial do escrito, deberá respectar de forma estrita unhas determinadas normas:

Lingua: non se deben empregar coloquialismos, e hai que utilizar as fórmulas e abreviaturas propias da linguaxe administrativa.
Tratamento empregado: cando a instancia se dirixe a alguén que ocupa un cargo concreto,
deberase empregar o tratamento acaído.
Forma de presentación: ten unha estrutura fixa; as partes e a orde en que se presentan
é a mesma en todas as solicitudes.

Con frecuencia os organismos dispoñen de modelos impresos de instancia para usos concretos, nos que só é preciso cubrir os datos requiridos; noutros casos deberemos redactala  nós mesmos acomodándonos sempre á mesma estrutura.

Partes dunha instancia:                                                             Exemplo
 Encabezamento ou introdución  cos datos persoais.
O nome e os dous apelidos, o número de DNI, lugar e data de nacemento (non sempre aparece), profesión (non sempre aparece), enderezo (non sempre aparece) e teléfono. Debe incluírse toda a información salientable en relación coa solicitude.


Uxía Lourido Seixo, de 14 anos de idade, estudante de 3º de ESO do IES O Mosteirón de Sada, con domicilio na rúa da pescadería , nº 12, 2º e  con DNI 34.567.534 - N




EXPÓN:
Que vén de coñecer a convocatoria  de bolsas de estudos da Consellería de Educación para o vindeiro  verán , dirixida ao alumnado da ESO , para o perfeccionamento dos idiomas estranxeiros.
Que cumpre os requisitos  esixidos na convocatoria .
Por todo o anterior ,


SOLICITA
Que lle sexa concedida unha  bolsa de estudos para o perfeccionamento da lingua inglesa.



Mosteirón , 23 de maio de 2013


Asdo: Uxía Lourido Seixas




SR. CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
 Corpo ou comunicación: esta parte contén a petición que fai a persoa solicitante coas razóns e os motivos en que se apoia. O corpo divídese en dúas partes:
Exposición. Nela aparece o motivo ou motivos da petición. Esta parte vai precedida pola palabra EXPÓN (ou EXPOÑO), escrita en letras maiúsculas, e seguida por dous puntos e á parte.
Nas liñas seguintes aparecerá o motivo ou motivos en que se apoia  a petición.


Solicitude.
Aquí aparece o contido da petición. Comeza coa fórmula SOLICITA (ou SOLICITO) en maiúsculas. Fíxese na persoa do verbo; as instancias, igual que as solicitudes, redáctanse en primeira ou terceira persoa do singular (EXPOÑO en 1ª persoa / EXPÓN en 3ª persoa; SOLICITO en 1ª persoa / SOLICITA en 3ª persoa).
 Pé, remate ou final: consta sempre dos seguintes elementos:
Lugar e data: da solicitude.

Sinatura: da persoa solicitante.

Cargo da Administración: a quen se dirixe a instancia. Neste apartado débese indicarn o organismo do que é xefe ou máximo responsable, escrito sempre en letras maiúsculas,  coa forma de tratamento que lle corresponde a ese cargo.



0 comentarios:

Enviar um comentário