13/11/2012

A SAÚDE E AS DOENZAS

Estes días, en 1º de ESO , traballaremos co vocabulario da saúde e as doenzas. Para isto quedan aquí algunhas actividades e enlaces para poder practicar:

PREME AQUÍ E ATOPARÁS UN PEQUENO VOCABULARIO SOBRE A SAÚDE 


EXERCICIOS:

Ø  Indica a que palabra que corresponda a cada unha das seguintes definicións:
Enfermidade contaxiosa que se caracteriza pola aparición de manchas rubias na pel. 

Inflamación purulenta do tecido conxuntivo, especialmente da enxiva. 

Ferida ou chaga que se forma na pel.

Vulto moi pequeno e benigno que se forma na pel. 

Tremor brusco e sensación de frío que, ás veces, acompaña á febre nunha enfermidade

Enfermidade infecciosa e contaxiosa, de natureza vírica, que produce febre alta e a aparición de pústulas con bostelas que ao caeren adoitan deixar marcas na pel.

Dor muscular no pescozo, que impide mover a cabeza con normalidade. 

Enfermidade da pel, sobre todo da cara e das costas, que se caracteriza pola formación de espiñas e de grans.

Gran ou furuncho que sae na beira das pálpebras.

Inflamación que se produce na raíz da uña. Inflamación que se produce na raíz da uña.

Ferida superficial na pel, feita coas uñas ou cunha cousa afiada. 

SARAMPELO- UÑEIRO- FURUNCHO-ESPULLA- ACNE-CABALEIRO-LAÑA-
RABUÑADURA-TIRIZÓ-VARÍOLA-FLEGMÓN

O sufixo – ite


Ø  Como se chama a inflamación  dos seguintes órganos? Une coa palabra adecuada


Estómago                                                   

Bronquite
Bronquios

Gastrite
Larinxe

Amigdalite
Pel

Larinxite
Oídos

Hepatite
Fígado

Apendicite
Amígdalas

Dermatite
Apéndice do intestino groso

Otite









Ø  Que significan as seguintes expresións?
Estar feito un buxo
Ter a voz tomada
Prender na fala

Ø  Completa cunha palabra da mesma familia léxica
DOR
• Andei todo o día coa cabeza ____________ por cousa dun golpe moi
____________ que recibín.
• Es un ____________, non te ergues da cama nin para ires ouriñar, e esa
____________ vaiche traer malos resultados.
CIRURXÍA
 • A ____________ deixou as tesoiras esquecidas no quirófano logo de rematada
a operación ____________.
MÉDICO
 • A ____________ avanzou moito nestes últimos anos.
• Na receita especificaba as ____________ que tiña que mercar.
SANGUE
• Na película víase o asasino coas mans ____________ despois de cometer o
crime.
• Non me fixe ron a transfusión ____________ despois de que ____________
tanto no accidente, polo que case me quedo.
DANO
• O home é un animal ____________ para a natureza.
• A sarabia ____________ toda a colleita de millo.



Ø  Reescribe estas oracións corrixindo as interferencias do castelán que conteñen.

• O doutor recetoume un medicamento para evitar que sinta vértigo.
.............................................................................................................................................................................
• Hai que levar a Xurxo ao médico: non para de estornudar e di que ten escalofríos.
.............................................................................................................................................................................
• O xogador lastimouse nun xeonllo e foi retirado do campo en camilla.
.............................................................................................................................................................................
• O avó non quixo poñer a vacuna contra a gripe e agora leva dous días resfriado.
.............................................................................................................................................................................
• Esa dieta que fas é unha loucura: aiunar en días alternos ten que ser perxudicial.
.............................................................................................................................................................................
• Xusto onde agora teño ese grano tan grande antes tiña un arañazo.
.............................................................................................................................................................................
• O neno atragantouse cun anaco de algodón que collera do botiquín.
.............................................................................................................................................................................

Ø  Enche os ocos do texto coas palabras seguintes:

febre - pulmonares - gripe - calafríos - cardíacas – arrefriado- asma - síntomas - incubación - tose - espirros - vacina - prescrición

            Piden un especial coidado dos anciáns contra a gripe

            Coincidindo co inicio das campañas de vacinación da …........................... por parte das comunidades autónomas,o Ministerio de Sanidade e Consumo recomenda a …………................... antigripal nos grupos de risco para previr a enfermidade e evitar complicacións máis graves.
            Sanidade lembrou que, ao ser un proceso vírico, o tratamento con antibióticos non é eficaz e só se deben tomar baixo …............................. médica, para evitar a aparición de resistencias bacterianas.
Para o presente inverno, a Comisión de Saúde Pública do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde fixo fincapé en que se deben mellorar as coberturas de vacinación nas persoas de 65 ou máis anos e coñecer e mellorar as coberturas de vacinación nos outros grupos de risco recomendados. Os grupos de risco aos que se lles recomenda a vacina son persoas de 65 ou máis anos de idade, nenos e adultos con enfermidades crónicas ………........................................ ou …………………................. (incluíndo nenos con ......................................... );
nenos e adultos que precisasen seguimento médico periódico ou hospitalización no ano precedente.
A gripe é unha enfermidade de curso agudo. O período de…………. ................ é de 48 horas cunha variación entre un e sete días. Con todo, algúns dos ............................. da gripe acostuman durar entre dúas e tres semanas.
Transmítese polas segregacións respiratorias a través da .............................. e os ............................... . Os principais síntomas son: .............................. alta de ata 39 graos centígrados, ............................ , dor de cabeza, dores musculares, prostración, espirros, tose intensa e persistente, rinorrea, lagrimexo e farinxite leve. Durante a temporada de gripe, cuxa máxima incidencia ocorre nos meses de outono e inverno, os síntomas doutras afeccións respiratorias poden ser confundidos coa gripe, como o ................................................... común.

 


0 comentarios:

Enviar um comentário