16/12/2012

AS RELACIÓNS DE PARENTESCO

Repara no seguinte gráfico que representa a árbore xenealóxica da familia de Uxía. Despois fíxate nos enunciados para aprender as relacións de parentesco.


Imaxe tomada do manual de léxico Proxecto Artello ( Léxico I)

Uxía é a filla de Laura e de Antón.Xosé é fillo de Valentín e Pilar
Martiño é irmán de Laura e Safi é irmá de Miriam
Iria é a esposa/muller/ dona  de Paulo e é avoa de Uxía.
Xosé é o esposo/home/ marido de Amina e Valentín é avó de Miriam e Safi
Antón é o pai de Uxía.
Laura é a nai de Uxía.
Uxía é neta de Paulo e de Iria.
Iria é irmá de Mónica e tía do seu fillo Xoán.
Xoán é sobriño de Iria e de Paulo.
Marta , Paulo e Xosé son irmáns.
Amina é cuñada de Paulo e Marta.
Amina é a nora de Valentín e Pilar .
Pilar é a sogra de Amina, e Valentín é o seu sogro.
Antón é o xenro de Iria e de Paulo.
Anxo e Carme son cónxuxes porque están casados.
Carme é a bisavoa de Uxía e polo tanto ela é a súa bisneta.
Valentín é sogro de Iria.


VOCABULARIO RELACIONADO COA FAMILIA E O PARENTESCO
Substantivos
Adxectivos
Verbos
afillado/a
antepasado/a /devanceiro/a
avó/oa
bisavó/oa
bisneto/a
comadre
compadre
consogro/a
consorte /cónxuxe]
cuñado/a
curmán/curmá
esposa [muller, dona]
esposo [marido, home]
devanceiro/ antepasado
divorciado/a
dona /esposa/ muller
fillastro/a
fillo/a
herdeiro/a
home/marido/ esposo
irmán/irmá
madrasta
madriña
nai /mai
medio irmán/medio irmá
neto/a
nora
orfo/a
padrasto/a
padriño/a
pai
parella
primo/a
primoxénito/a
proxenitor/ora
separado/a
sobriño/a
sogro/a
tataraneto/a
tataravó/oa
tío/a
tío/a avó/oa
titor/ora
viúvo/a
xemelgo/a
xenro
achegado/a
adúltero/a
anenado/a
avellado/a avellentado/a
casadeiro/a
casado/a
consanguíneo/a
conxénito/a
conxugal
cuspido/a
familiar
filial
fraternal
fraterno/a
hereditario/a
infantil
infeliz
insociable
lactante
lonxevo/a
maior
marital
maternal
materno/a
mullereiro
namoradeiro/ a
nupcial
parturiente
paternal
paterno/a
prematuro/a
senil
setemesiño/a
solteiro/a
xenético/a
xuvenil
acoller
adoptar
afillar [apadriñar - amadriñar]
aleitar
aloumiñar
anovar [rexuvenecer]
asemellar(se)[parecer(se),imitar(se)]
atuar
avir(se) [reconciliar(se],
casar [desposar(se)]
comprometer(se)
concibir
consentir
convidar [invitar]
convivir
conxeniar
cortexar [galantear]
crecer [medrar]
criar
dar a luz
declararse
descender
desherdar
divorciar(se)
emparentar
enloitar(se)
enterrar [soterrar]
enviuvar
estimar [apreciar]
facer anos
galantear [cortexar]
herdar
invitar [convidar]
mocear
namorar(se)
porfillar [adoptar]
presentarse
respectar
retirar(se) [xubilar(se)]
testar
tutelar
xubilar(se) [retirar(

EXERCICIOS
Indica o termo axeitado a cada definición:

1) Muller do pai, respecto dos fillos que este leve ao matrimonio:  _ _ _ _ _ _ A.
2) O que perdeu os pais ou un deles: O _ _ O.
3) Sen cónxuxe, por ter falecido este e por non casar de novo: V _ _ _ O/A.
4) Madriña do neno ou nena acabado de nacer con respecto aos pais: C _ _ _ _ _ E.
5) Calquera persoa en relación co seu padriño ou madriña: A _ _ _ _ _ _ O/A.
6) Os fillos dalguén no seu conxunto: P _ _ _ E.
7) Antepasado, de quen procede en liña directa unha persoa: P _ _ _ _ _ _ _ _ R.

Escribe de novo os seguintes enunciados no teu caderno e substitúe a expresión que 
vai entre corchetes polo verbo axeitado dos que van na lista seguinte: 

porfillar/ casar/ enviuvar/aleitar/ emparentar

– Antía e Breixo [tomaron como filla] _________ unha rapaza peruana.
– A miña curmá Sabela [uniuse en matrimonio] _________ cun rapaz de Muros.
– A nosa veciña [quedou viúva] _________ moi nova e volveu casar ao cabo dos anos.
– Miña avoa dicía que ela [dera de mamar] _________ a todos os seus fillos e saíran todos moi sans.
– Coa voda da miña tía [adquirín parentesco por matrimonio] _________ coa familia do meu amigo Xurxo.

Completa coa palabra precisa:
Se André é o padriño de Antía , esta é a ..................... de André.
Se Ana é a sogra de Luís , Luís é o .................... de Ana.
Se María é a nora de Xosé, entón Xosé é o seu .....................
Se Robertó é o afillado de Uxía, esta é a súa .................................
Roberto tivo dous fillos, Xosé coa súa primeira esposa e Ana coa súa segunda parella. Ana é Xosé son .....................................

AQUÍ PODEDES ATOPAR MÁIS EXERCICIOS 

0 comentarios:

Enviar um comentário