01/12/2012

O COLMO DAS NOTICIAS


MINI OBRA PARA DOUS PERSONAXES

Personaxes:
O presentador
A presentadora
O encargado

(Ábrese o pano e aparecen os presentadores sentados no seu estudo moi serios)
O presentador: Moi bos días señoras e señores, a continuación imos...
(A presentadora acomódase e interrómpeo).
A presentadora: ... Señoras e señores, ímoslles ofrecer as últimas noticias; estes son os nosos titulares
(Xa fóra de cámaras, eles comezan a discutir)
O presentador: (Mira molesto á súa colega) Non podo crer que me interrompeses! ? 
Es insoportable!?
A presentadora: ¡ Como me dixeches!? (Mírao moi anoxada)
O presentador: Xa me escoitaches!
A presentadora: Pois que pensaches? Que  ías levar ti toda a atención? Para a túa información, " paspán " eu son a estrela aquí e ti (Tócalle a punta do nariz) só un extra. Fun recoñecida como a presentadora do ano para que o saibas.
O presentador: Tes que ser a  "figura" non?, queres toda a atención para ti, verdade? (Ambos os dous comezan a discutir e mentres o fan, achegan as súas miradas. Niso, un dos encargados berra)
O encargado: Atención cámara , ao aire! (Ao instante, volven acomodarse e poñer un sorriso "de orella a orella")
A presentadora: (Mentres mira sorrinte á cámara, golpea co cóbado ao seu compañeiro e dille) A ver ho, como segue ? Jajaja...
O presentador: (Igual de sorrinte, contesta) non sei … Non eras  ti "a presentadora do ano"? Agora amáñate, ja ,ja, ja,
A presentadora:
“E... Produción !, O papel por favor!” (Lánzanlle un papel hixiénico)                          “Este papel, non, quero as noticias! Tírallo moi molesta)
(Estende a súa man e danlle periódico e comeza a ler os titulares:
ESTOUPA UNHA BOMBA NO CEMITERIO, RESUCITAN TODOS OS MORTOS
 UN LIBRO DE MATES SUICÍDASE, (Pon unha expresión de estrañeza) ¡ Pero, que isto!? Estas non poden ser noticias, polo amor de Deus!
O presentador:
-      “Dáme  iso!” (Quítalle o xornal sen tan sequera preguntalo) (Mira a cámara)
-      “E ...    desculpen á miña compañeira, hoxe veu sen tomar o almorzo”
-      (Comeza a ler o xornal a ler) “A ver... que temos por aquí “ (Revisa e a súa cara cambia radicalmente) “Pero que modelos, por Deus! E agachábanse como... “ (Antes que rematase a súa frase, a súa compañeira quítalle o diario e patea o seu pé)
A presentadora:
-      “Trae aquí, enfermo de...” (Mira á cámara sorrinte)
-        Últimas noticias! :"UN GRUPO DE MOZOS QUE PRACTICABAN EQUITACIÓN FORON EXPULSADOS ANTES DE INICIAR A COMPETICIÓN  “
O presentador: Encontráronos facendo trampa?
A presentadora: Non.
O presentador: Entón? Por que foron expulsados?
A presentadora: Porque os encontraron bailando "O Baile do Cabalo"
O presentador:  Que!?    (cunha expresión graciosa)
A presentadora: Pois como o oes. É comprensible, tantos deses animais e a canción, ao parecer motiváronos.
O presentador: Non o podo crer! A propósito, vexo que ese baile está de moda en todas as partes, Non?
A presentadora: Pero claro! Sabes? O sábado baileino na discoteca. É doado! Ensinocho?
O presentador: A ver (Ambos os dous páranse fronte ao público. A presentadora ponse máis adiante e quitándo o unha especie de saco que levaba como roupa, ponse nunha posición sedutora en actitude de baile
O encargado: Eh, escoiten, Estamos ao aire!... Oian!
A presentadora: (Sen facer caso ás palabras do encargado, segue coa súa pose e levantando o brazo, berra)Música mestre!
(A canción "Gangnam Style" de PSY comeza a soar e ela empeza a bailar movéndose como toda unha experta; rápido pero moi ben. O seu compañeiro queda mirando admirado , ponse tamén a bailar e  e cos seus dedos, sen quitar a mirada á súa compañeira, fai o sinal para que "corten").

(Remata a obra cos dous bailando).

Autor: Fabián Choque

Tradución e adaptación : Belén I.G.

0 comentarios:

Enviar um comentário