Chamamos diálogo ao intercambio verbal que se produce
entre dúas ou máis persoas, xeralmente presentes, que de forma alternada,
expresan as súas ideas, opinións sentimentos, etc.O diálogo fundaméntase na interacción comunicativa directa e continua,
de xeito que se intercambian constantemente os papeis de emisor e receptor.
- CARACTERÍSTICAS
XERAIS DO DIÁLOGO.
Existen dous tipos
de textos dialogados: o espontáneo ou conversa cotiá, e o non espontáneo ou
diálogo planificado. Un e outro comparten as seguintes características:
a)
Carácter
oral.
Os diálogos , agás no caso dos textos literarios e da trancrición escrita de
mensaxes verbais, transmítese oralmente, de aí a relevancia que adquiren os
elementos prosódicos ( voz, intensidade, entoación) e os elementos NON VERBAIS ( acenos, miradas, posturas corporais, movementos
de mans, indumentaria etc.)
b)
O
contexto extralingüístico actúa como factor decisivo na comunicación
verbal xa que por unha parte podemos facer referencia a elementos da situación
sen nomealos ( ti designa o receptor,
agora designa o tempo, aquí o lugar , etc) e por outra omitimos
información que xa está presente no contexto.
c)
Necesidade de acordo mutuo entre as persoas que dialogan sobre aspectos como a
aceptación da conversa, o papel de cada quen ou o nivel de formalidade do
discurso.
d)
Predominio
da 1ª e 2ª persoas gramaticais ( emisor e receptor) tanto nos
pronomes persoais como nos verbos.
e)
Emprego de estruturas oracionais específicas para formular preguntas ( interrogativas) e expresar os
sentimentos( exclamativas). Así
mesmo utilízanse procedementos específicos para
expresar afirmación , negación ou dúbida.
f)
Malia a
súa diversidade os textos dialogados axústanse a unha estrutura fixa que
se pode resumir en tres momentos: apertura-desenvolvemento-clausura. Cada unha
destas partes caracterízase por empregar fórmulas lingüísticas específicas.
- CLASIFICACIÓN
DOS TEXTOS DIALOGADOS:
DIÁLOGO
ESPONTÁNEO
|
DIÁLOGO
NON ESPONTÁNEO OU PLANIFICADO
|
-Obedece
a un encontro fortuíto ou escasamente planificado
|
-Prodúcese
como consecuencia dun encontro planificado.
|
-Non
hai roles diferentes entre os falantes.
|
-Hai
roles diferenciados e cada persoa asume un papel.
|
-Os
temas tratados xorden no momento e son variados.
|
-Preestablécese
o tema a tratar.
|
-As
quendas de palabra son flexibles.
|
- As
quendas de palabras son ríxidas.
|
-Non
se pretende un obxectivo claro agás os
xerais das relacións sociais, familiares ou laborais.
|
-
Obedece a obxectivos previos: dar a coñecer certas informacións ou opinións.
|
-Prefire
os rexistros informais da lingua.
|
-Prefire
os rexistros formais da lingua.
|
-
Prodúcese en contextos moi variados.
EXEMPLO:
CONVERSA ORAL COTIÁ,CONVERSA TELEFÓNICA …
|
-
Prodúcese en contextos fixos e localizados.
EXEMPLOS:
DEBATE, ENTREVISTA, MESA REDONDA, DIÁLOGO DRAMÁTICO
|
- CARACTERÍSTICAS
DALGÚNS TEXTOS DIALOGADOS:
COLOQUIO
O coloquio é un
intercambio verbal formalizado no que interveñen un número reducido de persoas, que expresan as súas opinións sobre un tema acordado previamente. Este
intercambio de puntos de vista está conducido por un/ unha moderador/a que
presenta os participantes e distribúe o uso da palabra . Relacionados co
coloquio están a tertulia ( na que
os participantes interveñen sen unha orde ríxida) o fórum ( reunión dun grupo de persoas que intercambian opinión sobre
un libro – libroforum-, unha obra
cinematográfica –cinefórum- etc) e o
debate que se caracteriza por confrontar varias posturas sobre o mesmo tema
e que require a observación de normas básicas como o respecto da quenda de
palabra e a opinión dos demais.
ENTREVISTA
É o diálogo entre
unha persoa que pregunta e outra que resposta, o contido e a forma teñen que
ter en conta o destinatario e o medio de transmisión. A entrevista pode ser só
informativa (cando as preguntas pretenden transmitir as ideas e opiniñons de
alguén en relación a un tema de interese) ou psicolóxica ( cando pretende
amosar a personalidade de alguén).O proceso de realización dunha entrevista
esixe varias fases ( preparación previa- realización – emisión ou redacción).
DIÁLOGO
DRAMÁTICO
O teatro é un
espectáculo fundamentado na combinación dunha parte verbal dialogada e outra
non verbal ( acenos , vestiario, escenografía, música, luz etc). No texto
teatral , o diálogo cese complementado polas indicacións do autor/a sobre os
elementos non verbais – anotacións escénicas-
Baseados no diálogo
están multitude de xéneros como moitos anuncios publicitarios, a banda
deseñada, o cine …
0 comentarios:
Enviar um comentário