Un dos núcleos temáticos que podemos atopar nesta obra é o intimismo e a expresión dos sentimentos , mais non en poucas ocasións a dor persoal amosa unha causa de carácter social . Lede con atención este coñecido poema de Rosalía e reflexionade se se pode considerar dalgún xeito un poema social.
Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos;
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu crei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
caminiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!
¡Adiós, groria!¡Adiós,
contento!
¡Deixo a casa
onde nacín,
deixo a aldea que conoso
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar...
Mais son probe e, ¡mal pecado!,
a miña terra n'é miña,
que hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.
Téñovos, pois, que deixar
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña do cabañar.
Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do campo santo
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que vos criou.
Adiós, Virxe da Asunción,
branca como un serafín:
lévovos no corasón;
pedídelle a Dios por min,
miña Virxe da Asunción.
Xa se oien lonxe,
moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca mais han de tocar.
Xa se oien lonxe,
máis lonxe...
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!
¡Adiós tamén, queridiña...!
¡Adiós, por sempre quizais...!
Dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
Tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña, meu lar!
|
Suxestións para
unha lectura máis fonda
A quen se dirixe o emisor? Que trato se lle dá ao receptor? Que
función da linguaxe se utiliza predominantemente no poema?
- Uso de diminutivos.
- Uso de modificadores (adxectivos, frases
preposicionais con valor
sensorial)
- Reduplicacións intensificadoras.
- Paralelismos.
- Uso de exclamacións.
- Enumeracións.
- Contraposicións.
- Paradoxo.
- Ironía.
- Cales cha parecen da lírica popular?
Na edición de 1861 de El Museo Universal, así como nas da revista
Galicia ou na de el Álbum de la caridad de 1862, este poema levaba o
título “Adiós que eu voume” e incluía
unha estrofa que foi suprimida logo na
edición do libro de 1863. A estrofa ía colocada despois da que comezaba “mais son pobre…”, era
a seguinte:
Por xiadas, por calores ,
desde qu´amañece ó día ,
dou á terra os meus sudores
mais canto a terra cría
todo… todo é dos señores.
|
- Pode resultar de grande interese o comentario de Manuel Rodríguez Alonso , que AQUÍ nos ilustra sobre este poema .
- Podemos escoitar tamén a versión musicada deste poema por Amancio Prada.
0 comentarios:
Enviar um comentário