09/04/2013

INVENTÁMOLOS NÓS. FLORISVELA.

FLORISVELA 
( Por Tamara Illanes de 1º ESO B) 

 É unha pequena fada que vive nos prados e á que lle gusta saltar de flor en flor.O seu corpo é pequeno e lixeiro e a cabeza tena rodeada de pétalos de flor. Aparece coas primeiras raiolas do sol da primavera e dedícase a coidar das floriñas que brotan nela. Florisvela non tolera que maltraten as súas flores e se ve a alguén facéndolles mal, lévao ao medio do bosque onde , cos seus poderes, fai nacer as raíces dunha árbore máxica que envolve o agresor e nunca máis se sabe del.
Montaje creado Bloggif


0 comentarios:

Enviar um comentário