27/05/2013

VISITA DE FINA CASALDERREY

      Hoxe tivemos unha visita especial , unha muller que veu para falarnos dos seus libros e conseguiu ganarnos a todos aos poucos minutos de comezar  . Con absoluta sinxeleza e modestia non parou de agradecernos a nós que a recibísemos no centro, que lésemos os seus libros, que a escoitásemos... como se nos costase traballo ou fose difícil atender a súa voz, chea  de cariño polo alumnado e pola literatura . Ao explicarnos as orixes e os contidos dos seus libros , a palabra de Fina Casalderrey soaba  a verdade, porque constantemente viaxou co seu discurso desde  os libros ata a vida e desde a vida ata os libros de novo; porque demostrou ademais a súa enorme capacidade profesional como mestra  e como escritora e porque nos fixo sentir  . As grazas son nosas e para ti, Fina. Moi de verdade.

1 comentário: