19/02/2014

O TEMPO METEOROLÓXICO. LÉXICO E ACTIVIDADE ORAL.

VOCABULARIO PARA APRENDER:


Cando a chuvia é feble
Cando a chuvia é forte
Cando hai tormenta
Con neve ou xeo

Babuña
Borralla
Chuvisca
Orballo
Parruma
Poalla
Zarzallo
Arroiada
Ballón/Balloada
Chuvasco
Dioivo

Centella/Chispa
Raio
Trono
Lóstrego/Relampo/Alustro
Tronada/Treboada
Trebón
Auganeve
Carambelo
Folerpa/Farrapo
Nevada/Nevarada/Nevisca
Pedrazo/Sarabia
Xeada


A EXPRESIÓN DO TEMPO ATMOSFÉRICO ADOITA FACERSE COS VERBOS
IR E HABER,  E NON CO VERBO FACER COMO NO CASTELÁN.

Ir mal tempo/ ir bo tempo
Vai un frío que non se para.
Con néboa
Cando para de chover
Cando hai vento

Borraxeira.
Brétema
Bruma
Mera.
Neboeiro



Delampar
Escampar
Estiñar
O arco da vella
Borrasca
Brisa
Corisco
Refacho
Temporal
Vendaval
Xistra






SÍMBOLOS USADOS NOS MAPAS DE METEOROLOXÍA:



ACTIVIDADES:
  • Escoita a predición meteorolóxica prestándolle atención  ao contido desta sección informativa . Fíxate ben en como se vai dando a información.




  • Usando adecuadamente o  vocabulario que tes nesta mesma páxina e os símbolos,  debes asumir o papel de home ou muller do tempo e preparar , para expoñer diante do grupo, a predición para os próximos días .


Debes preparar  ben a seguinte estrutura:

-  Saúdo e palabras introdutorias)
-  Predición para mañá sobre as temperaturas máximas e mínimas  e sobre a posibilidade de precipitacións  ( en diferentes puntos da xeografía  de Galicia).
-  Información sobre  o estado do mar.
-  Predición meteorolóxica máis resumida para os seguintes días.
-  Despedida.

MÁIS SOBRE O TEMPO ATMOSFÉRICO:

Xogo no Portal das Palabras :A voltas co tempo.

0 comentarios:

Enviar um comentário