Páxinas

04/02/2014

SAÍDA AO TEATRO

O  venres, 31 de xaneiro, o alumnado de 2º ciclo asistiu á representación teatral da obra  Fharenheit 451, a cargo da compañia  Limiar Teatro, no Forum metropolitano da Coruña.  O espectáculo , baseado  na novela Fharenheit 451 de Rad Bradbury, combina a narración, a música en directo e os monicreques , tomando textos da literatura galega para recrear a historia dos “homes libro”.

       Fharenheit 451 é a historia de dous homes, dous presos que comparten un mesmo delito: ler. Ler nunha sociedade onde a lectura está prohibida e os libros son queimados por bombeiros incendiarios. Lectores castrados nunha sociedade en que os libros son preservados na clandestinidade alén do mar, na terra dos homes libro. O lugar onde cada persoa toma o nome do libro que aprende e protexe na súa memoria.





2 comentários:

  1. Hoxe en cuarto, lendo un poema de Celso Emilio, os rapaces recordaron que o escoitaran nesta obra!

    ResponderEliminar