Páxinas

24/09/2015

ANÁLISE DE ANUNCIOS PUBLICITARIOS

Querida rapazada de cuarto:

Entre os seguintes anuncios  tedes que analizar un  seguindo as pautas explicadas na clase. Déixovos a ficha de análise ao final desta entrada .







  2º)

3º)



4º)
5º)

6º)
7º)

FICHA DE ANÁLISE DUN ANUNCIO

  
A)     OBSERVACIÓN OBXECTIVA DO ANUNCIO:

Ø  Tipo de anuncio segundo a súa finalidade  ( pretende vender algún produto ou concienciar ao receptor sobre algo)
Ø  Produto anunciado / marca  e descrición do mesmo ( tipo, características, prezo...):
Ø  Slogan /logotipo:
Ø  Identificación do medio en que aparece:
Ø  (Nome do medio / publicación, data, horario / situación, extensión / duración)
Ø  Destinatarios aos que vai dirixido ( explícita ou implicitamente)
Ø  Descrición breve do anuncio :
Conta ou suxire algunha historia?
Que personaxes , escenarios... aparecen?
Usa imaxes con algunha característica especial?
Usa a linguaxe verbal ( oral ou escrita)? Que rexistro lingüístico se usa( popular,científico, poético...)?
Ten música ou efectos especiais?

B)     INTERPRETACIÓN:

Ø  Impacto do anuncio:
Gusta? Que é o que máis atrae a idea ou o xeito de expresala? Resulta creativo?  É doado recordalo por algo en concreto?
Ø  Presentación do produto:
Calidades que se destacan ou se omiten  sobre o produto anunciado? O anuncio é veraz?
Ø  Público ao que se dirixe:
Xénero, nivel socio-cultural, idade, ideoloxía... Tratamento que se lle dá ao destinatario ( familiaridade, respecto...)
Ø  Valores e estereotipos que se utilizan como reclamo :
Beleza, éxito social... saúde, atracción erótica, liberdade,  Establécese relación entre estes valores e o produto?
Ø  Análise da estrutura narrativa(se a hai):
Cóntase algunha historia? Quen son os seus personaxes? Gardan relación co destinatario do anuncio? Que emocións provocan? O produto serve para solucionar algún problema nesa historia?
Ø  Función que realiza o texto escrito/ verbal:
Que recursos lingüísticos son empregados e cal é a súa función ( dobres sentidos, hipérboles, metáforas, xogos de palabras, rimas etc)
Ø  Función que realiza a música e os efectos especiais  ( se os hai) :
Evocar, destacar, acompañar...
Ø  Estratexia de persuasión :
Como capta a atención (usa personaxes conocidos, válese da repetición, válese da sorpresa...)? Pretende convencer razoadamente ou seducir?
O espectador participa por sentirse identificado ou por sentir o desexo de identificarse?
Ø  Valoración final e conclusión.

0 comentarios:

Enviar um comentário