30/04/2014

" ESA LUS "

             Como xa sabedes este ano dedícase o día das letras galegas a Xosé María Díaz Castro. Desde este blogue ( ver na barra da dereita) podedes acceder a moitas informacións e traballos sobre este escritor nacido nos Vilares (no concello de Guitiriz de Lugo). No intituto desta vila,que leva o nome do poeta ,están a desenvolver o proxecto educativo denominado A lus do mundo , para achegar a poesía de Díaz Castro aos escolares. Unha das iniciativas consiste en poñer música aos seus poemas , ás veces empregando melodías coñecidas e ás veces con composicións propias. 
Neste vídeo podedes  ver unha interpretación colectiva dedicada ao poeta co título "Esa lus"  . Tamén podedes descargar a base musical para cantárdela se vos presta.



 "Esa lus"

Esa mirada era especial,
xa que nacera no rural
e da terra ó ceo todo tiña o seu misterio
o neno Pepe escribirá 


Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
son fragmentos de min mesmo 
o herdo, o mundo que me deron
se o poema é só un nimbo de lus


Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
coma ventos fuxidos
por camiños esquencidos
se o poema é só un nimbo de lus

Más de once linguas que falou
pero unha soa que cantou,
á herba pequerrechiña e dende Parga á Pastoriza
Xose María escribirá


Un paso adiante, un paso atrás
Galiza sempre nel está
ardendo nunha bágoa ou ferido pola beleza
Díaz Castro escribirá

1 comentário: