Páxinas

20/01/2015

OS SÉCULOS ESCUROS

Para repasar o explicado na clase:  primeiro temos unha presentación que resume as características máis relevantes do período dos Séculos Escuros;  e logo unha curtametraxe , A ESCOLA DAS AREAS, sobre que teremos que facer algunhas reflexións



 A ESCOLA DAS AREAS    unha curtametraxe de animación dirixida por Tomás Conde e Virgina Curiá. Estreouse en 2002, co gallo de se lle dedicar o Día das Letras Galegas a frei Martiño Sarmiento (1695-1772).
Está baseada nun texto de Frei Martín Sarmiento. Frei Martín Sarmiento vén a Pontevedra para buscar un remedio para a variola. Alí discute cun mestre sobre a necesidade de lles ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese en favor do noso idioma , Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz , Alfonsiño, a ler e escribir en tres días  co seu propio método educativo.

1 comentário: