16/02/2015

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

           
                     
O día 24 de febreiro ,  fixado no Calendario do Libro e da Lectura  como Día de Rosalía de Castro, conmemórase o aniversario do nacemento da autora máis emblemática da nosa literatura . 
                            Nesta data  a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)   propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor e convida aos centros escolares  a celebrar esta data baixo o lema "Eu son Rosalía" 
                          A proposta consiste en  realizar actividades para afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de xeito que o alumnado descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificado. Posteriormente gravaríase un vídeo de participación colectiva na que cada alumna/o diría cunha frase que comezaría   por “Eu son Rosalía porque/cando/para…” escollendo diferentes escenarios da vida cotiá.

Así que rapazada, a preparar este día tan importante!

0 comentarios:

Enviar um comentário