05/05/2016

SALETA

A terra faise en ti,
Saleta, sutileza,
chama apaixoada
e transparente,
levidade de neve,
torrente e forza
de selva poderosa,
música do vento
entre abelairas,
raio máxico de lúa,
murmurio de regueiro,
flor de cerdeira
ou pinga de orballo
emocionada, tremendo
sobre o pálido rubor
da rosa namorada.

Os lonxes do solpor (1993)

Hoxe tivemos o privilexio de estar con Saleta Goi, a viúva de Manuel María, que inspirou  tantos versos do poeta . É unha muller chea de forza, que transmite entusiasmo e calor cando fala . Tivemos o privilexio de que nos permitise  gravala  lendo uns versos para a nosa curtametraxe. Desde logo foi unha xornada ben bonita!








1 comentário: