31/01/2017

CREAMOS UN POEMA COLECTIVO


O alumnado de 3º de ESO asistiu o pasado día 20 de xaneiro á proxección da película El espíritu de la colmena . Esta actividade , integrada no proxecto CiNed do que participa o noso centro, vai seguida dunha serie de actividades realizadas  desde diferentes áreas.
Desde a materia de Lingua puxemos o noso granciño de area creando un poema colectivo formado de fotogramas verbais feitos polo alumnado a partir das impresións causadas pola película.
Logo fixemos un mural con forma de colmea mesturando os fotogramas da peli cos versos inventados.

Era unha vez…
                      un espírito nun pozo,
                      unha familia que falaba coas miradas,
                      un cine –tanatorio,
                      unha película dentro dunha película,
                      un fuxido que comeu unha mazá
e  a morte, que chegou á mente dunha nena.

Era unha vez Ana e un republicano,
era unha vez un reloxo delator,
                    unhas cartas nunca recibidas,
                    a morte finxida,
                    unha pérdida,
                    un pé nunha pegada,
                    e a vida nunha colmea.
Era unha vez un apicultor misántropo,
                era unha vez unha nena… pero xa non.
Era unha vez…

1 comentário: