01/09/2020

A MANTIGOXA

 A MANTIGOXA

( Por Pablo Suárez de 1ºC )


            A Mantigoxa é unha especie de león cunhas ás xigantes similares ás dun dragón, ten unha cola cun pincho parecido a unha agulla, coa cal fai que as súas presas se durman ao momento.

           Cando os rapaces e rapazas se perden no bosque, a Mantigoxa dórmeos durante moito tempo e ao espertaren non lembran nada do sucedido. Por  causa da picadura, tampouco lembran como andar nin se poden mover.

0 comentarios:

Enviar um comentário