01/09/2020

A PEGALLADA

 A Pegallada

( Por Lucía  Prado Cancela de 1º D


    A Pegallada é un paxariño de cor negra e branca que ten ollos verdes e dous corniños vermellos na cabeza. Gústalle pousarse  na fiestra das casas e cando alguén cae ou ten unha desgraza ponse a rir ás gargalladas.

    Un día unha moza andaba limpando a súa casa mentres a Pegallada a observaba desde a fiestra con algo de impaciencia. De súpeto a aquela moza comezou a soarlle o teléfono e cando contestou resultou ser o seu xefe que a despedira. A Pegallada ao oír aquilo comezou  a rir sen parar. 

    Non se considera un animal perigoso pero dise que cando ves unha preto e miras para os seus ollos verdes é que vas ter algunha mala nova.


0 comentarios:

Enviar um comentário