01/09/2020

O ESCARATORPE

 O ESCARATORPE

( Por Lucas Díaz, de 1º D)




O escaratorpe é un escaravello moi zoupón que vive agochado nos montes da fronteira entre Lugo e A Coruña. Pode chegar a medir dous metros  e aliméntase de case todo o que pilla. Adoita caer moito porque é moi torpe.

Nunha ocasión ía un grupo de sendeiristas paseando polo monte e notaron que as follas comezaban a moverse . De alí saíron dous escaratorpes xigantes que levaron  a   todos os do grupo , agás a un que conseguiu escapar.

0 comentarios:

Enviar um comentário