01/09/2020

O XIRITIGRE

 O XIRITIGRE

( Por David Ferro de 1ºC )





        O xiritigre é un animal carnívoro. Na cabeza ten uns cornos que lle serven para atacar as súas presas. A súa lingua é moi longa e ten uns dentes moi afiados. Dende a cabeza ata a metade do corpo ten unha pelaxe de cor amarela con manchas;  na outra metade, que remata nun longo rabo, a súa pel é laranxa con raias de cor máis escura.

        O xiritigre ten un carácter bipolar, xa que segundo a hora do día que sexa é máis apracible ou máis agresivo. Por exemplo: polo día é moi tranquilo e gústalle achegarse á xente, pero na noite vólvese máis perigoso e prefire estar só para cazar as súas presas.


0 comentarios:

Enviar um comentário