27/11/2012

As oracións comparativas


Os adxectivos, ademais do grao positivo (a casa é pequena), posúen un grao comparativo que serve para comparar a calidade atribuída a un substantivo en relación con outros aos que tamén se lles atribúe a mesma calidade. A comparación pode ser de igualdade, inferioridade ou superioridade.
• Comparación de igualdade:
 Constrúese coa partícula tan precedendo o adxectivo e como ou coma introducindo o segundo elemento da comparación:
[tan + adxectivo + como/coma + segundo elemento].
comoobrigatorio diante de verbo conxugado.
comaobrigatorio diante de pronome persoal tónico.
Nos demais casos podemos elixir un ou outro.
Deixouno tan ordenado como puido.
Aquel home é tan riseiro coma ti.
Ía tan rápido como/coma un tren.
• Comparación de inferioridade:
 Constrúese co adverbio menos precedendo o adxectivo e caque ou do que introducindo o segundo elemento da comparación:
[menos + adxectivo + ca/que/do que + segundo elemento].
do queobrigatorio diante de verbo conxugado.
caobrigatorio diante de pronome persoal tónico.
- Nos demais casos podemos elixir entre ca que.
Hoxe levamos menos atraso do que é habitual.
Teu irmán é menos alegre ca ti.
Antón é menos falangueiro ca/que Xurxo.
• Comparación de superioridade:
 Constrúese do mesmo xeito que a de inferioridade. Só se cambiará o adverbio menos polo adverbio máis:
[máis + adxectivo + ca/que/do que + segundo elemento].
Con esas zapatillas corría máis rápido ca ti.
Atopei a teu pai máis recuperado do que esperaba.
Gústame bailar máis que/ca cantar.
REPARADE
 - A partícula ca contrae co artigo determinado, aínda que tamén se admite sen contraer.
ca + o: có (O cine está máis vivo có/ ca o teatro).
ca + a: cá (A televisión é menos inmediata cá /ca a radio).
ca + os: cós (Estas lámpadas alumean menos cós/ ca os focos halóxenos).
ca + as: cás (Os telegramas chegan ó destino antes cás/ ca as cartas).
- É importante non confundir as contraccións da partícula ca coas contraccións da preposición con:
con + o: co (Atopeime co meu xefe no ascensor).
con + a: coa (Foi coa túa avoa ao supermercado).
con + os: cos (Estiven toda a tarde cos teus fillos no parque).
con + as: coas (Sempre está xogando coas cadelas da súa veciña).
- Debemos ter en conta que a conxunción ca non contrae coa preposición a:
Apreciouna máis a ela ca a ti.
Tampouco contrae cando xa hai unha contracción de preposición + artigo:
Vai de mellor gana ao museo ca ao centro cultural.

0 comentarios:

Enviar um comentário