04/11/2013

Masculino ou feminino?

Nesta presentación podedes atopar unha sinxela guía para o uso do xénero gramatical . Está dirixida basicamente ao alumnado de 1º  de ESO.

PARA ESCRIBIRDES NO CADERNO:

1.Coa axuda desta presentación , do libro e dos APUNTAMENTOS  de galego escribe de novo as seguintes frases completándoas cos artigos (determinados: o, a, os, as,  ou indeterminados: un, unha, uns, unhas)  que correspondan. Fai as contraccións necesarias.            

       1.         En __ cume daquela montaña instalaron unha antena de radio.
       2.         Non botes __ mel en __leite, xa ten azucre dabondo.
     3.         Encargáronme __labor moi fácil: contar tódalas mesas da clase.
       4.         Teño __ gran en __nariz e dóeme de moito carafio.
       5.         Fíxenlle __ sinal ó saco para recoñecelo.
       6.         Por isto non chegará __sangue ao río!
       7.         Cargade __equipaxe no meu cabalo.
       8.         A médica mandoume facer__análise.
       9.         Con __calor do sol medran mellor __árbores. 
     10.       Teño __dor nas costas que me fai ver as estrelas! 
     11.       Os xefes deron __orde de acampar en __ marxe dereita do río.
     12.       __ orixe do accidente foi un erro do condutor do autobús.
     13.       Os veciños reclaman __ ponte sobre a vía do tren.
     14.       Se souberas __ suor que me custou facer esta casa!
     15.       A moto fixo __ viraxe en falso e o motorista caeu ao chan.
     16.       Os paxariños agacháronse no medio de __ ramaxe.


2. Escribe de novo as seguintes frases completándoas  con ARTIGOS  e facendo as contraccións necesarias:

       1              Nalgunhas zonas de Galicia fanse filloas con ____ sangue dos porcos.
      2              En ____ cume da casa aniñan as anduriñas.
      3              En ___ homenaxe que lle fixeron ao alcalde recitaron varios poemas.
      4              ___leite que se produce en Galicia expórtase a outras rexións españolas.
      5              Con ____ friaxe da noite tivemos que buscar refuxio  debaixo de ______ ponte.
      6              Meu pai é un lambón adoece por  ______ mel.
      7              ________   a é a primeira letra do abecedario.
      8              _____cor verde predomina en ________ paisaxe de Galicia.
      9              Tivo que tomar unha aspirina para ______ dolor de cabeza. 
  10              Plantamos _______árbore  en _______ marxe dereita do río.


3. Escribe de novo as seguintes frases completándoas  con ARTIGOS  e facendo as contraccións necesarias:


      1              Ese mariñeiro leva _______ tatuaxe no brazo esquerdo
      2              Teu irmán sacou o pano e limpou _______ sangue que tiña en              ________nariz.
      3              Fíxome ______ sinal para que o axudase a descifrar _______ mensaxe.
      4              Mollei toda a camisa con _______ suor.
      5              Os nenos necesitan ________ calor dos pais.
      6              Os médicos non saben cal é _____     orixe desa enfermidade.
      7              O nome de Froilán leva o acento en ________ a.
      8              Teño ______ costume de meter o dedo en _______ leite para saber se está quente.
      9              Coñecinte en ________ viaxe que fixemos a Viveiro.
  10              _________ labor do xardineiro é coidar o xardín.


( Exercicios recollidos da páxina do Dpto de LGL do IES de Trasancos)

1 comentário: