30/10/2013

SAMAÍN

Unha canción para o Samaín e ... Todos a pasar medo!

Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a centos.

Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, mostros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.

(GRUPO MAMÁ CABRA : "Monstros e demais")

Aquí vos queda o vídeo que fixeron na Biblioteca Mestres Goldar:

0 comentarios:

Enviar um comentário