Páxinas

01/12/2012

LAZOS DE SANGUE


SKETCH 
TRAXEDIA

Personaxe: filla de 15 anos reproducindo a última conversa que tivo coa súa nai.

 (A impresión inicial debe ser a conversa dunha nai coa súa filla, coma se fose a nai falando, a voz do personaxe debe falar como falaría unha nai reprendendo a filla)


Que é o que me ías contar que era tan importante? Deixa que che explique primeiro porque non podes saír, está ben?(amorosamente)Filla... pon atención... Estou a dicir isto polo teu propio ben...
(Comezando a perder a paciencia) Mírame aos ollos que estou a falar contigo, por favor...
(Berrando xa) Caramba, que cousa! Que merda! Merda! Xa cho dixen cantas veces? Cantas veces vou ter que repetir isto? Es xorda? Non escoitas o que che digo?
(Moi anoxada) Mírame aos ollos! Mírame aos ollos!
(Falando máis calma) Mira, filla, eu fago isto para protexerte... Trata de entender! Ti non tes idade abondo... Como vas saír na noite coas túas amigas? Con quince anos! Imaxina!
(Alterada)Queres  que suceda o mesmo que pasou con outras... Unha desgraza?
(Estoupando de novo) Mírame aos ollos! Trata de entender! Queres que suceda contigo o mesmo que pasou comigo? Ter que deixar casa, familia, estudos para traballar e manterme? Facer todo soa, perder toda a vida! Nunca vou deixar que che suceda o mesmo! Prefiro morrer, estás a entender?
(Falando máis calma, pero anoxada) Ti non sabes o que é ter un fillo para criar sen un pai para axudar.
(Falando máis calma) Eu  sei que ti non entendes... Es moi nova! Non penses que eu non sei o que estás a pensar: que es responsable, que es intelixente... Pero ti non sabes como é alá fóra! (con máis forza) Ti non sabes como é alá fóra! Ti non entendes esas cousas e non vas entender mentres sexas inxenua!
(Amorosamente) Hai cousas que  se poden entender cando chegas a certa idade!

(Irritada) Non poñas esa cara! Mírame aos ollos que estou a falarche! Respéctasme! (Moi irritada) Respéctasme?Que estás a pensar? Eu son quen te mantén! Eu son quen che compro cousas! Ti non podes deixar todo, tes que estudar! Non tes idade para ter noivo, tes que pensar nos estudos! Que vai pasar se te embarazas? Sen diñeiro, sen nada? Deus me valla! Prefiro morrer! Prefiro morrer, filla miña!
(Irritada, pero con menos intensidade) O que ti queres non está ben! Non está ben! , as túas amigas son unhas irresponsables, iso non está ben! Queres que suceda unha desgraza, unha cousa mala?

(Notando que a comida no lume se está a queimar) Mira nada máis! Ves o que ocasionas? Fixéchesme deixar a comida queimándose! Que merda! Idiota, ti es unha idiota!
(Poñéndose furiosa) Escoita! Escoita! Onde vas? Respéctame! Queda aquí que non rematei! (con moita corraxe) Vouche dar! Para con iso! Estás a querer unha zurra, verdade? Estás a pedir!
(Facendo chantaxe emocional) Por que estás a facer iso comigo, filla miña? Eu non cho dei todo? Non che dou unha vida marabillosa? Eu douche todo! Eu morro para facerte feliz!
(Chantaxe con ton de carraxe) Por que non destrúes todo dunha vez? Para que serve todo o que che dei? Remata rápido coa miña vida, veña! Toma este coitelo (Ofrece un coitelo a alguén, no aire) e matame dunha vez!
(O coitelo caendo ao chan ou o son del caendo ao chan)

(A voz do personaxe regresa ao ton que debería ser o esperado para unha filla de 15 anos, falando para alguén que podería ser a policía, por exemplo)


(Con calma) Do resto eu non lembro nada... Foi aí cando vostedes chegaron... Despois diso recordo do son do coitelo caendo ao chan e das miñas mans cheas de sangue... pero... eu non recordo de nada máis do que aconteceu.

© Victor M. Sant'Anna 2004
Tradución e adaptación: B.I.G.

0 comentarios:

Enviar um comentário