28/01/2013

COPLAS PARA TERCEIRO . SEGUNDA ENTREGA

 O venres as coplas foron para 3ºB, pero os de 3ºA  non van ser menos:
Escoitade atentamente
estas coplas , por favor ,
para un grupo de terceiro
do instituto Mosteirón.

Neste grupo numeroso
hai uns cantos sentados
que suceda o que suceda
permanecen moi calados.

En primeira fila teño
ben se ve que me controla,
unha nena moi atenta,
a nosa amiga  Paola.

Agora mesmo heille facer
unha pregunta a Sofía:
¿ É de atención esa cara
que me pos cando me miras?

Cando Sara está calada,
na cabeza se me mete
que está pensando en saír
a tocar o clarinete.

Mais quixese averiguar
e analizar amodiño:
¿Que lle pasa a Sergio Baña,
Cando ri tan caladiño?

Outro caso me preocupa,
porque non sei o que pensa
¿Sarai está preocupada
ou é que se atopa tensa?

Un caso para admirar,
e sei moi ben do que falo,
é o carácter sempre amable
do  compañeiro Gonzalo.

Por outra parte está Arancha
de actitude semellante,
permanece cun sorriso
“anque” sexas ben pedante.

Mais de sermos ordenados,
debería comenzar,
co primeiro que hai na lista,
que é digno de comentar.
Aínda que fales amodo,
aínda que eleves a voz,
está sempre no seu mundo,
este Lucas de Albornoz.

Facer sempre os exercicios
cóstalle moito a Xoel,
e tampouco cambia a cousa
se falamos de Samuel.

Daniel Galán é un neno
que está  sempre voluntario,
por iso axiña  o pillaron
para ser bibliotecario.
Teño gran dificultade
co que lle pasa a  Fernando
¿Por que sempre se  equivoca
os pronomes colocando?

Tamén lle pasa a Jesús!
outro rapaz  moi querido,
mais  colocando pronomes
non parece aquí nacido.

Realmente se animamos
a ser participativos,
intervén sempre Martín,
“anque”sexa sen motivo.

Por outra parte atopamos,
posto a carón da ventá,
a Juan  García  falando
onte, hoxe e mais mañá.

Alba Castro que se explique
de maneira moi urxente:
¿ E que  ten un aparello
de sacar  sobresalientes?

Lucía Sambad, por Deus!
que pouco me vés á clase!
se me fixeses máis caso,
farías que me alegrase.

Vouvos dicir un segredo
que trata de Montalbán:
Nos principios deste curso
Pensei que era algo larchán.
Pero foi pasando o tempo
e observando  atentamente,
descubrín con alegría
que máis ben é pillabán.

Co noso amigo Alejandro
teño gran preocupación,
porque se nervioso o poño
seica lle sobe a tensión.

De Sergio Rodriguez Sánchez,
se me mira con despiste,
xa sei que polo baixiño
andará contando un chiste.

E ti, María Rodríguez,
que da Terra Chá chegaches
oír quero o ben que  falas,
¿ou a lingua abandonaches?

Falando en serio confeso,
que non me dou aclarado,
non dou sabido quen é
desta clase o delegado.

Eu pensaba que era Lucas,
Será María, ¿ Quen sabe?
Eu creo que disimulan
Para non subir a chave.

3 comentários:

  1. Jajajajajajajaja. Belén, es unha fenómena!
    Encántanme! Quero unhas para min!!!!

    ResponderEliminar
  2. Xa veremos a maneira,
    querida colega Inés,
    de que queiras ou non queiras,
    leves polo menos tres.

    ResponderEliminar