10/03/2013

REPRESENTACIÓN DUN DRAMA


      Neste trimestre  varios alumnos e alumnas prepararon pequenas dramatizacións para as probas orais de Lingua galega. Sara Casero de 4º da ESO  adoptou  o papel dunha muller maltratada cun monólogo que representou diante dos seus compañeiros de aula.
Posto que  o tema desta dramatización é de tanta gravidade, e porque opinamos que desde a escola é importante posicionármonos claramente contra a violencia de xénero, co permiso de Sara, exhibimos  aquí a gravación do seu traballo . Moi apropiado por certo  para conmemorar o día da muller neste oito de marzo...


AQUÍ   podedes ler o texto  do que Sara fixo a súa adaptación persoal:

1 comentário:

  1. Inés de Nieves11/03/13, 12:21

    Sara, impresionada quedo!
    Un traballo moi moi bo!
    Noraboa!

    ResponderEliminar