31/03/2013

LÚA DE PAN. PEPE CÁCCAMO

 

 TÍTULO: Lúa de pan
AUTOR: Pepe Cáccamo
EDITORIAL: O Castro
Colección ARUME de poesía para nenos.

SOMBRAS

Dentes de serra,
lingua de lata,
bico de rata.

Olla esa sombra
de néboa de prata.

Ollos de sapo,
voz de pan duro,
pés de canguro.

Algo abanea
no alto do muro.

Uñas de vidro,
pelo de esparto,
pel de lagarto.

¿Quen é o monstro
que entrou no teu cuarto?





A LÚA DA NENA POBRE


A lúa da nena pobre
debuxa na noite azul
unha moeda de cobre.

A nena na súa man
leva unha lúa de pan.


CABALO

Por detrás daquel valado
está durmido un cabalo
nas almofadas da néboa.
Dicídelle que veña.

Que veña correr comigo
pola ribeira do río,
polos camiños de area.
Dicídelle que veña.

0 comentarios:

Enviar um comentário