28/04/2013

O INFINITIVO CONXUGADO

Formalmente constrúese co infinitivo, ao que se lle engaden as desinencias persoais que indican o suxeito:
facer  / faceres / facer / facermos / facerdes  /faceren

Úsase:
·    Cando o infinitivo ten un suxeito  distinto do que ten o verbo principal:
           Víronte ao saíres de alí.
·      Cando aínda tendo o mesmo suxeito que a oración principal, o infinitivo vai antes do verbo principal e precedido de preposición:
Para mercarmos o pan imos darnos présa.
·      Cando , aínda coincidindo os suxeitos ,hai moita distancia entre o verbo principal e mais o infinitivo:
Prendemos a televisión ás dúas da mañá, cando todo todos están deitados para gravarmos o programa no vídeo.
·      Cando a 3º persoa do plural indica a indeterminación do suxeito: É hora de falarmos; A culpa é do xuíz porque non deixou prenderen os ladróns.
·      Cando o infinitivo é suxeito: Convén estudiarmos
Repara nas equivalencias entre unha construción de infinitivo  conxugado acompañado de preposición e unha oración subordinada co verbo en forma persoal:

Ao    + infinitivo conxugado = oración temporal      Ao chegarmos= Cando chegamos
De    + infinitivo conxugado = oración condicional   De virmos= se vimos
Con  + infinitivo conxugado = oración concesiva     Con  estares = Ainda que esteas
Para + infinitivo conxugado = oración final             Para teres = para que teñas
Por   + infinitivo conxugado = oración causal          Por mentires= Porque mentiches

Non pode usarse:
  • Como auxiliado das perífrases verbais: ( *de ir comermos cedo ...) (*)
  • Si se pode usar nas perífrases como auxiliar sempre que o contido sexa o adecuado: (De irmos comer cedo teremos que saír agora
  • Cando o infinitivo vai rexido por algún destes verbos:

-  modais : querer, poder, deber, desexar .... (*Queren acompañarente)

-   causativos: mandar, facer, deixar, permitir (*Permitinlles xogaren)

-  de sentido: sentir, ver oír  (*Escoitamos cantaren a canción).
Pero ollo! Se o suxeito vai entre este tipo de verbos e o infinitivo, si pode conxugarse: Vin os rapaces marcharen .           
  • Cando o infinitivo ten valor imperativo: (*Non fumares)                                                                                         

AQUÍ ATOPARÁS EXERCICIOS   COA POSIBILIDADE DE CORRIXILOS EN LIÑA 


0 comentarios:

Enviar um comentário