Páxinas

14/05/2013

IMOS AO TEATRO


    
    Como actividade da Semana das Letras Galegas,  o alumnado de 4º de ESO  asistiu ao Laboratorio Teatral no Teatro Colón , dirixido polo dramaturgo Santiago Cortegoso. O espectáculo , formado por unha escolma de fragmentos da obra de Roberto Vidal Bolaño , leva por título  “As marxes da desgraza”  e nel escenifícanse as historias de individuos marxinais  que teñen en común as súas vidas desgrazadas . Son historias  sórdidas e decadentes coas que se pretende facernos reflexionar sobre a desigualdade e a inxustiza. A obra estivo  ambientada cun grupo musical ( un piano, un clarinete, un saxofón e percusión) que proporciou a atmosfera necesaria para as historias interpretadas . 

1 comentário: