05/04/2013

INVENTÁMOLOS NÓS. O CHICHARREIRO.


O Chicharreiro

 ( Por Sofía  Vázquez Martínez, de 1º ESO B)


       O Chicharreiro  usábase alá cando comezaron a existir as primeiras poboacións. Utilizábanse como defensa nas batallas cando aínda non existían armas. O que facía era lanzar chícharos enzoufando os adversarios.
    Conta a lenda que este ser tan peculiar orixinouse cando un pequeno troglodita non quixo tomar os chícharos da cea e ,sen que a súa nai se decatase,tirou con eles por unha  especie de retrete que tiñan daquela. Co paso do tempo a un deses pequenos chícharos saiulle un talo e uns ollos pequechos.



Cando o chicharreiro  se esconde  métese un pouco na terra , simulando ser unha pedra.


1 comentário:

  1. Sofía, este chicharreiro debía asustar moito os inimigos! Menuda arma!

    ResponderEliminar