05/04/2013

INVENTÁMOLOS NÓS. O LUMEIRÁN.

O LUMEIRÁN
( Por Manuel A. Souto Leiro de 1º ESO B)

É unha criatura  semellante a un home ardendo, cun lume que non se percibe doadamente. Dise que viste cun buzo.
Vive baixo os nosos bosques e  fragas, é pacífico, pero se o molestan orixínanse os incendios forestais. Tamén pode resultar perigoso se se edifica unha casa preto do bosque no que el estea.
O Lumeirán ponse en grave risco se se achega ás praias e o que máis lle gusta é envorcallarse nas fogueiras as noites de San Xoán.

1 comentário: