19/01/2014

TRABALLO PARA 1º DE ESO

       Durante a semana pasada lemos nas aulas a obra teatral de Manuel Núñez Singala titulada O achado do castro  , despois da lectura dramatizada desta peza tan cómica, toca facer un pouquiño de traballo para aprendermos  algo máis .   
        A continuación  reproduzo as actividades que vos serán entregadas a cada un de vós en formato dixital para que completedes ( por se hai algún despistado ) . Fixádevos ben na data de entrega do traballo e poñédevos mans á obra


ACTIVIDADES SOBRE A LECTURA DA OBRA
O ACHADO DO CASTRO
 Aínda que esta obra teatral ten carácter humorístico, recolle algúns dos aspectos da vida cotiá na época dos romanos: as grandes diferenzas sociais ,o poder absoluto do Emperador. a existencia de escravos , a adoración aos deuses do Olimpo, a presenza da vida militar , a fala latina…
Contesta as seguintes cuestións:
  1. Averigua en que época foi o maior desenvolvemento do Imperio romano e en que séculos os romanos ocuparon Galicia.
Consulta no seguinte enlace : A GALICIA ROMANA
Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):

  1. Explica cales eran as clases sociais da sociedade romana e que situación vivian os escravos. Como se ve a situación dos escravos reflectida nesta obra? E o poder absoluto do Emperador?
Consulta no seguinte enlace : ROMA ANTIGA
Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):


  1. Na antiga Roma practicábase unha relixión politeísta ( moitos deuses) . Na obra aparecen mencionados algúns deuses romanos . Consulta cal era a función de cada un dos seguintes:

Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):
Marte :
Xupiter:
Neptuno:
Venus:
Cupido:
Hércules:
Zeus:
Baco:

  1. No texto aparecen os nomes dalgúns referencias a obxectos e costumes romanas, consulta o que son as seguintes premendo nos enlaces e escríbeo a continuación:


Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):
TRICLINIO:
CUADRIGA:
ORXÍA ( NA ANTIGÜIDADE CLÁSICA) :

  1. A acción desenvólvese na época romana pero menciónanse elementos , situacións, institucións etc. propias da actualidade co obxectivo de provocar a nosa risa. Esta mestura temporal chámase anacronismo.Busca exemplos de tres anacronismos na obra.
Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):


  1. Ao longo desta peza hai varias referencias a cancións populares galegas. Localiza dúas e reproduce correctamente a parte da súa letra que se menciona na obra.
http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/pasatempos/cantigas.htm
Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):


  1. Valora se na obra hai aparición de algún tratamento “sexista”
( sexismo: comportamento ou actitude que manifesta discriminación das persoas atendendo ao seu sexo)
- Cando se di que as mulleres saben gardar un segredo e os homes non ( páxinas 7-8) que imaxe se deixa en realidade do comportamento das mulleres? Cres que se corresponde coa realidade?
Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):
- Cando falan os soldados entre si ( a soldado 1 é unha muller ) e o soldado 2 di que os soldados teñen que aguantar moito desde que están as mulleres no exército. (páxina 8)
Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):
- Cando o Emperador (na páxina 28 ) di os seus pensamentos en alto, dá por suposto que se chega a algo con Arpexia o normal sería que ela fregase as copas ( e fastídialle que a dominadora Arpexia llas poida mandar fregar a el) . Na mesma páxina, cando é Arpexia a que amosa os seus sentimentos di a frase “ canto daría eu por remendarlle os calcetíns”. Cres que esa división de tarefas é lóxica? Por que se dá por feito que o de fregar e remendar calcetíns e cousa das mulleres?
Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):
  1. Busca na obra dez palabras das que non coñezas o significado e cópias aquí xunto co seu significado . Constrúe despois unha oración con cada unha delas.


Palabra
Significado
Oración de exemplo:
Enxugar:
quitar a humidade, secar
Puxen a roupa a enxugar na corda
































  1. Fai un resumo do contido da obra que non supere as dúas páxinas.Trata de dividir o teu resumo en tres partes: introdución, nó e desenlace :
    Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):
    Introdución:
    Nó:
    Desenlace:
  2. Por último, tes que gardar este documento e enviarmo por correo electrónico ao seguinte enderezo:
Ou , se non tes correo electrónico, entregarme unha copia por medio dun pendrive


PRAZO DE ENTREGA : ANTES DO DÍA 31 DE XANEIRO





PRAZO DE ENTREGA : ANTES DO DÍA 31 DE XANEIRO

0 comentarios:

Enviar um comentário