12/01/2014

OS POSESIVOS


OS POSESIVOS.

SINGULAR
PLURAL
MASC
FEM
MASC
FEM
(o) meu
(a) miña
(os) meus
(as) miñas
(o) teu
(a) túa
(os) teus
(as) túas
(o) seu
(a) súa
(os) seus
(as) súas
(o) noso
(a) nosa
(os) nosos
(as) nosas
(o) voso
(a) vosa
(os) vosos
(as) vosas
(o) seu
(a) súa
(os) seus
(as) súas

 

Que funcións teñen os posesivos?

Os posesivos fan de determinantes cando acompañan ao substantivo:
  • O meu coche
  • A súa moto
Cando substitúen o nome fan de pronomes:
  • Iso é meu
  • Aquela casa é súa tamén

 

Os pronomes ou determinantes posesivos expresan unha idea de posesión ou pertenza en sentido amplo.


O POSESIVO CANDO VAI DIANTE DUN NOME TEN QUE IR OBRIGATORIAMENTE CON ARTIGO: o meu can; a túa casa.
Hai algunhas excepcións nas que non é obrigada a presenza do artigo co posesivo:
·         Cos nomes de parentesco: miña nai; nosos irmáns.
·         En exclamacións: ¡Meu Deus!; ¡Meu amigo, así son as cousas!.
·         Con nomes referidos a seres únicos ou a dignidades: Nosa Señora do Carme; Súa Excelencia
·         Nalgunhas frases feitas: meu dito, meu feito.
·         Cos vocativos: Quero que saibas, meu amigo, que veñen tempos difíciles.

FORMAS DE PROPIEDADE EXCLUSIVA :
DE MEU, DE TEU, DE SEU, DE NOSO, DE VOSO, DE SEU
- Úsanse para expresar a pertenza exclusiva, así, a frase Antón vive na súa casa non quere dicir que a casa pertence a Antón; mentres que se dicimos Antón vive en casa de seu, estamos a dicir que a casa lle pertence.
- Outras veces, esas formas indican que unha calidade se ten por propia natureza: O Carlos é bo de seu = Carlos é bo por natureza.

POSESIVO DISTRIBUTIVO:
CADANSEU
CADANSÚA
CADANSEUS
CADANSÚAS
As formas cadanseu/s, cadansúa/s  sempre funcionan como determinantes, empréganse para lle adxudicar un obxecto a cada persoa, dentro dun grupo; ou cando se lles quere distribuír un número igual ou semellante de obxectos a varias persoas.
Vai sempre ao lado do obxecto que se distribúe e nunca da persoa:
 regaleilles cadanseu balón ós meus sobriños; repartín entre eles cadanseus caramelos.
Esixe un posuidor en plural.

VALORES ESPECIAIS:
  • As formas da primeira persoa poden indicar familiaridade ou afectividade: o noso Xoán está a vivir en Santiago; o meu Paco ten moi boa man para a cociña.
  • Posesivo feminino detrás de determinadas locucións adverbiais: pasou diante nosa (de nós), caeu enriba súa (dela).
  • Outros significados do posesivo:
    • os meus, os teus, os seus, os nosos, os vosos poden ter o significado de "a miña, a túa ... familia": os meus veñen de vacacións en xullo.
    • as miñas, as túas, as súas, as nosas, as vosas poden significar "as cousas, feitos ou trasnadas que adoita facer unha persoa": o meu fillo xa fixo unha da súas, díxolle unha das súas e deixouno calado.
    • o meu, o teu, o seu, o noso, o voso poden significar "o que me (che, lle, ...) gusta" ou "o propio, o natural de min, de ti, ...": a pintura non é o meu. , pode indicar tamén que é “moita cantidade”: “comeu o seu”
    • O posesivo usado con numerais  ten un valor de aproximación:                                   – Terá os seus sesenta anos.
EXERCICIOS  
1. Substitúe o que vai entre parénteses por unha construción con posesivo.
  1. (falcóns de ti) ... son bos cazadores.
  2. (camisas del) ... están esfarrapadas.
  3. (chaquetas de ti) ... son de la.
  4. (medias de nós) son moi finas.
  5. Non encontro ... (xerseis de min).
  6. Aínda non recolleron ... (calzóns deles).
  7. (saias delas) ... son vermellas.
  8. Empréstame ... (abrigo de ti).
  9. Aqueles (compañeiros de ti) ... estiveron por aquí.
  10. Aqueles rapaces eran ... (amigos delas).
  11. Onte viñeron ... (avós de min) de Montevideo.
  12. (tía de ti) ... é millonaria.
  13. (esposa del) ... está doente desde hai un mes.
  14. Iso é ... (cousa de ti).
  15. Foi ... (culpa de ti).
  16. Sempre vai diante ... (de ti).
  17. Estaba alí mesmo, por debaixo ... (de nós).
  18. Non o ves, e iso que está detrás ... (de vós).
2.Indica o valor dos posesivos nas seguintes oracións:


1.     Sempre tiven coche de meu.
2.     Este frigorífico custarache os seus cincocentos euros.
3.     Xa andan os da clase do lado a facer das súas.
4.     Polo que vexo, os teus nunca van ao fútbol.
5.     Ese nunca chegará a ter casa de seu.
6.      O Paulo xa che ten os seus vinte anos.
7.     Meu queridiño, que mal o pasou!
8.     Xa tomou as súas píldoras.
9.     O meu Carliños aínda non vai á escola.
10.  Xesús ten de comer de seu, non pasa fame.
11.  Os meus sempre van no verán á praia.
12.  Aquel cativo era intelixente de seu.
13.  Outra vez vén cos seus chistes baratos.


3.Transforma as seguintes oracións empregado un posesivo distributivo:
O avó comproulles un xoguete a cada neto ………………………………………………………………………………
Ao chegar ao cine cada un entregou unha entrada ……………………………………………………………………..

4. Transforma as seguintes oracións empregando un posesivo de propiedade exclusiva:
Aforrei e xa teño unha casa da miña propiedade ………………………………………………………………………….
No outono as follas caen por si soas ………………………………………………………………………………………

5. Escribe dous exemplos nos que por diferentes razóns o posesivo vaia sen o artigo diante:

6.Explica o valor especial que teñen os posesivos nas seguintes oracións:
Onte choveu o seu e non puidemos saír  ...............................................................................................
Ese rapaz sempre anda facendo das súas …………………………………………………………….

7. Reescribe estas oracións corrixindo os erros de posesivos que atopes:
Cada neno veu con cadanseu xoguete. ………………………………………………………………………………
Esa nena é simpática de súa …………………………………………………………………………………………

8.Transforma as seguintes oracións empregando un posesivo distributivo:

Para lle mercar un abrigo a cada un precisamos 120 euros.
Colleron cada un un bocadillo e marcharon á rúa
Aquel día todos os empregados recibiron unha carta do director.
Mercou un libro para cada sobriño

9. Analiza todos os posesivos e demostrativos  do texto indicando  se teñen valor pronominal ou son deteminantes e explicando os valores especiais que desempeñen.

ESCURAS VIRAVOLTAS
Estabamos alí medios durmidos, deitados nas improvisadas hamacas. estomballados con cadanseu vaso na man, agardando sen gana as primeiras luzadas do sol no abrente. Nisto o Paco, que non era de seu moi algareiro nin bulebule, pero andaba co formiguiño no corpo desde había un tempo, ergueuse dun brinco e botou a co­rrer  pola praia adiante berrando coma un can danado. Nós pasma­mos con aquela súbita ocorrencia e rímoslle a graza con sonoras gargalladas que fixeron acordar a máis de un que xa caera nos bra­zos de Morfeo.
Daquela o río Pontiñas deborcaba na praia o seu fedorento soluto pola banda do Pontillón, onde ergueron agora eses masto­dónticos edificios do cuartel novo da Garda Civil. Non había quen se achegase aos canavais aqueles, ateigados de mosquitos e merda, que esparexían de cando en vez bafaradas pestilentes coa brisa de terra. O Paco colleu cara alá e algún de nós espreguizou as pernas por ver as acrobacias do artista polo areal adiante. Paco sempre tivera moito aquel niso dos exercicios ximnásticos.
-¡Vai cara ós canavais! dixo Camilo coa súa voz de hoten­tote.
-Daquela déixao meu amigo,que ha volver por narices...
Non tivemos tempo de lle rir o chiste, porque nesas empezou Quique a berrar todo aquelado
-Mirade! Mirade!
Ao principio parecía unha graza do Paco, que ultimamente sempre andaba a facer das súas, pero quedamos de pedra ao ver as macabras circunvolucións do coitado. Só o Camilo botou a correr cara aló; os outros non dabamos creto ao que tiñamos diante nosa. Os berros de Paco escorrentaban miles de gaivotas e nubes de insec­tos voadores que viñan a acobillarse baixo o colmo do noso chirin­guito. Meu irmán, que descabezara a súa soneca na máis cómoda das hamacas, acordou co barullo e botou man á escopeta.
 - Que escopeta?  Tiñades unha escopeta?
- Tiñamos varias. Vós non sei, pero destoutra parte da ría todos os cristiáns andan con cadansúa ferramenta (contestei, apal­pando no peto da miña chambra a enferruxada Smith & Wenson.)
- Non, iso xa.
- Pois tal como cho conto. Apañou a arma e foi cara a alá con ollos talmente de asasino. Así uns ollos sanguiñentos..., Nunca llos viches a ninguén?, Nunca llelos viches aos artistas nas películas? Así abertos, vermellos, co sobrecello enrugado, e botando escuma pola... Eu ao velo tan aqueloutrado púxenme un pouco nervioso e preferín liscar de alí. Vamos, que me entrou algo de cagana, se queres, pero unha retirada a tempo é unha vitoria, como dixo Napo­león, que non era ningún medrancas. E con esas collín e marchei para a miña casa.
-E logo que foi o que pasou?
- Iso xa non cho sei contestar. Xa che dixen qu eu marchei para casa.
-  Non. Xa sabes que non é ningún falabarato.
-  Meu Deus!  Pero ti preguntaríaslle, ou?
- Pois non.
- Ah, e para iso vés con toda esa leria? Así que non sabes o que pasou? Pero ti...!
Tranquilo, home. tranquilo. Pois non o sei, non. Eu que queres que lle faga! Pero non imos discutir por iso. Nin que fora para tanto!
-Pero ti víchesme cara de parvo, ou que? Mira ti...! Non, eu por esas non che paso.
- Home. se chego a saber que te ías incomodar xa non che contaba nada.      


0 comentarios:

Enviar um comentário