Páxinas

31/03/2013

PALABRAS BRANCAS. ELVIRA RIVEIRO TOBÍO

 

TÍTULO: Palabras brancas
AUTORA: Elvira Riveiro Tobío
EDITORIAL : Xerais
COLECCIÓN Merlín

 —Mamá, papá,
as palabras danzan?
—As palabras danzan
a danza das algas,
as palabras cantan
samba nas gargantas,
as palabras saltan
nas camas, tras as sabas,
as palabras van
das carballas ás sabanas,
ar nas bafaradas,
mar das balandras:
as palabras
...
As palabras mancan,
as palabras sandan.                   



Papá prancha as sabas,
mamá sacha as patacas,
papá lava as pratas,
mamá apaña as laranxas,
papá arranxa a casa,
mamá arranxa as zapatas
Caramba!
Xa basta!
Traballar cansa!
Para acabar
fan gran manxar para xantar:
pasta branda á malabar!
Para acabar,
papá abraza a mamá
mamá abraza a papá.

0 comentarios:

Enviar um comentário