31/03/2013

ROSEIRA DO TEU MENCER. XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ


   







TÍTULO: Roseira do teu mencer
AUTOR: Xosé María Álvarez Blazquez
ILUSTRADOR: Manolo Uhía
EDITORIAL: Edicións Xerais de Galicia.2008
COLECCIÓN: Merlín










  No rego do prado
    canta a cotovía
—paxariño amado
que che ben quería—.

No ramo frolido
o merlo a cantar
—paxaro belido
para o teu ollar—.

No verde loureiro
troba o reiseñor
—paxaro lixeiro
para o teu amor.

(A cantar, espantan
os males da pena,
porque todos cantan
para a miña nena).

Era un airiño soave
que se ergueu pola mañán
e viña de non se sabe.

Era un recendo de rosas
de roseira de ningures,
que se meteu pola porta.

 Era unha cantiga leda
que nascía non sei onde
e petaba na fiestra.

 Era unha gracia sotil
que baixaba das estrelas...

Eras ti!



  

0 comentarios:

Enviar um comentário