01/04/2013

PRINCESA DE TARAMUNDI. XOÁN BABARRO


AUTOR: Xoán Babarro González
OBRA: A princesa de Taramundi
EDITORIAL: Edicións Embora . 2010



REGUEIRO

Regueiriño que baixas
cantaroleiro,
leva ao mar unha rosa
de bieiteiro,
que ha de ter señardades
algún barqueiro
do perfume dos montes
de Carrugueiro.



HOME DO SONO

O Home do Sono vén polo camín,
caladín, caladín.
O Home do Sono vén polo lousado,
calado, calado.
O Home do Sono está vindo…,
durmindo, durmindo…,
O Home do Sono está chegando…,
soñando, soñando…



RIBEIRA

O cerzo, un manto.
O vento, un canto.
A noite, un mundo.

O mar…, profundo.

0 comentarios:

Enviar um comentário