01/04/2013

CANTAROLAS, ANISIA MIRANDA E XOSÉ NEIRA VILAS

AUTORES: Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda
OBRA: Cantarolas
Edicións Xerais de Galicia , 1995



O  FOGUETE

O foguete sobe ao ceo
como un raio.
Perde forza e cae ó chan
nun desmaio.

¡O foguete chega ás nubes!
¡Que bravura!
¡Que de estalos! ¡Que ruído!
¡Pouco dura!

Mais a cana do foguete
cae de plano.
¡Que aguillada de xoguete!
¡Que galano!



O MEU BARCO

Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.

Polos mares dos meus soños
¡quen me verá navegar!

Navegarei por mil ríos,
sete mares hei cruzar.
¡No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar...!

¡No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
¡Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!

¡O meu barco de xoguete!
¡O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!

¡Andei por tódolos mares!
¡Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete

sen saír do meu fogar!



SUBIOTE

Subiote
meu chifrote
de ameneiro,
cantareiro,
paxariño
querendón.
Subiote,
meu chifrote
sempre amigo,
vas comigo
espallando
unha canción.
Subiote,
meu chifrote,
na camposa
todo amosa
o grileo
do teu son.
Subiote,
meu chifrote
recendente,
pau ridente,
bibimbao
do corazón.


0 comentarios:

Enviar um comentário