01/04/2013

CIDADES. FRAN ALONSO

                    



TÍTULO: Cidades
AUTOR: Fran Alonso
EDICIÓNS XERAIS , 2013.
COLECCIÓN: Sopa de letras.










Eu vivín nunha cidade de iogur
con rúas de marmelada.
E edificios doces coma caramelo.
E nunha de ladrillo
con rúas de cemento,
e edificios fríos coma o vento.
E nunha de esparto
con rúas de manteiga,
e edificios porosos coma feno.
Eu vivín en todas as partes,
habitante do tempo.

Estudei nun pupitre de auga gorda
nunha escola onde o mar.
E no recreo ía pescar luras
na chalupa do meu avó.
Aprendía a escribir nunha clase pequena,
de persianas de sal.
No encerado nacían peixes,
e gamelas nos ollos do profesor.
Os meus compañeiros eran xoubas
e eu un tiburón.
O mar anegaba as rúas da cidae,
e tiñamos que nadar para salvarnos
ata que tocaba, sempre a tempo,
o timbre do recreo.

0 comentarios:

Enviar um comentário