01/04/2013

CONTOS DA RULA. CONCHA BLANCO






OBRA:  Cantos da rula
AUTORA: Concha Blanco
EDICIÓNS DO CASTRO, 2008 






A NOITE

As luces
producen sombras.
As sombras
danme arrepío.
Coas luces sinto calor
e as sombras danme frío.
  
Chega o día, vaise a noite
chega a noite, vaise o día.

Coa sombra vén a tristeza
e coa luz chega a alegría.
Fuxe, noite.
Vente, día.

Eu quixera que a noite
non me roubase a alegría.


O TREN

Non o paso ben
na estación do tren.

Maletas con rodas
maletas de man
mochilas ao lombo
que veñen e van.

Só faltan minutos
non trae retraso
dentro de moi pouco
estou nos seus brazos.

Óese un pitido
que anuncia a chegada
o tren, maxestoso,
amosa a faciana.
  

Todo é un bulebule
os nervios afloran
hai xente que ri
hai xente que chora.

Moitas mans saúdan,
cales delas serán
as mans que eu agarre
para non as soltar?

Papá! berro eu
botando a correr,
batendo contra todo
ata dar con el.

Amais das maletas
de distinta cor
papá trae un saco
cargado de amor.

É un saco invisible
cheíño de bicos,
para a súa familia
para os seus amigos.

Non o paso ben
na estación do tren.

0 comentarios:

Enviar um comentário