01/04/2013

VERDEDADES. YOLANDA CASTAÑO






TÍTULO: Verdedades
AUTORA: Yolanda Castaño
ILUSTRADOR: Xosé Tomás
EDITORIAL: Biblos, 2012.



Todos eses namorados
teñen parvo o corazón,
collen unha margarida
e danlle a ela a razón.

 ******************

 Hai unha planta malvada
que non vas poder crer:
váiselle pousar un becho
e axiña vaino comer.

 *********************

 Contemplando esta fermosa
 suave flor do algodón,
faime graza que puidese
converterse nun calzón!

*********************

 Mantense ergueito o carballo
e en mil anos non dá morto,
alén diso, as súas landras,
tamén manteñen os porcos

**************************

Din que o cardo non é lindo
mais, por que feo vai ser
se se adianta á primavera
e é o primeiro en florecer?

0 comentarios:

Enviar um comentário