Páxinas

23/06/2014

Noite de San Xoán



É a noite de San Xoán:
 - Ide rapaces,
de todo mal capaces; 

collede herba ferrenta,
collede brizos, menta,

 e sarxa rabuxenta;
collede sabugueiro,

e follas de loureiro;
e collede sambuco, 

tamén herba do cuco;
collede herba gateira,

ourego, herba cabreira,
con herbas dos ermos;
collede herba dos demos..
collede herba do inverno,
collede, se podedes, 

herba do inferno...
c facede con todo unha fogueira,
no medio da lareira

E dicide:
 -Ide bruxas,
E agoreiras curuxas; 

Ide, casta embustera,
Que se casa e se marcha con calquera;
Ide, raza insidiosa, Sulfida e veleidosa,
De extraña condición, Que sempre di que non;
Ide, falsas belezas, que trastornades dos tontos as cabezas;
Abortos do profundo, capaces todas de perder o mundo.
(E facede con todo unha fogueira) 

0 comentarios:

Enviar um comentário