LECTURA OBRIGATORIA PARA TERCEIRO DE ESO // PRIMEIRO TRIMESTRE:
TÍTULO: Irmán do vento.
AUTOR: Manuel Lourenzo González
EDITORIAL: Xerais
COLECCIÓN: Fóra de xogo , nº 72
PLANIFICACIÓN DA LECTURA PARA FACER UN SEGUIMENTO NA AULA:
PRIMEIRO PRAZO :
Día 15 de outubro : tedes que ter lido o prólogo e os tres primeiros capítulos ( até a páxina 47 da obra )
Para ese día debedes traer o libro á clase e preparadas as seguintes cuestións :
1 - Dúbidas sobre vocabulario. Escribide unha listaxe de palabras das que descoñecesedes o significado ao ler o libro. ( Se despois de ler ou de consultardes o dicionario segue habendo dúbidas , aclararémolas)
2- Escribide no caderno o significado que ten para vós a dedicatoria do libro.
3- Explicade quen é o narrador do prólogo do libro. De onde é? A que se dedica? Con que sobrenome é coñecido? Desde que tempo está a contar a historia? En que momento di que sucedeu ? En que lugar xeográfico se centra a historia que se conta?
4- Documentádevos brevemente sobre os seguintes aspectos :
a) A escritura árabe ( algunha das súas características máis rechamantes para un occidental)
b) Que fai que a zona xeográfica na que se ambienta a historia sexa tan importante historicamente
( indica varias razóns)
c) Que diferenzas hai entre árabe, musulmán e mouro?
d) Confirma os feitos históricos que aparecen no texto: a invasión de Kuwait, a guerra de Irak, a caída de Saddam Hussein . Indica en que ano aconteceron e xustifica se teñen ou non actualidade.
5- Quen é o narrador nos capítulos que seguen ao prólogo?
Fai unha breve caracterización do personaxe conforme vaias avanzando na lectura.
Constrúe a árbore xenealóxica da familia de Kahled ( no prólogo atoparás a información máis relevante) e indica as relacións de parentesco entre os personaxes.
6- A quen lle escribe Khaled? Que feitos da súa vida lle conta? Ademais das súas experiencias vitais, que inclúe Khaled no que escribe?
0 comentarios:
Enviar um comentário