26/11/2016

Comentario dunha cantiga de amor

A dona que eu am'e tenho por senhor
amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for,
se nom dade-mi-a morte.

A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus
e por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus,
se nom dade-mi-a morte.
  
Essa que vós fezestes melhor parecer
de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer,
se nom dade-mi-a morte.

Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar,
mostrade-mi-a u possa com ela falar,
se nom dade-mi-a morte.

COMENTARIO: 

Estamos diante dunha cantiga medieval da lírica galego-portuguesa, producida nas cortes entre os séculos XIII e XV . Trátase dunha cantiga pertencente ao xénero de amor,o máis influído pola canço provenzal , xa que podemos observar como nela a voz lírica é a dun home que expresa os seus sentimentos amorosos por unha dama ( a dona que eu amo e tenho por senhor). En concreto  nesta cantiga o home diríxese a Deus para pedirlle que lle deixe a ver a muller , e que se non   lle provoque a morte, xa que o sufrimento por non vela é superior ao da perda da propia vida.
O tema é polo tanto o sufrimento de amor pola muller  denominado “coita amorosa” , que é o motivo central da maioría das cantigas de amor. Este tema central desenvólvese nas sucesivas estrofas.Na segunda o namorado expresa como o sufrimento por amor provoca o seu pranto ( a que tenho eu por lume deste ollos meus e porque choran sempre…)  ; na terceira expón que a destinataria do seu amor é a máis fermosa de todas as mulleres que coñece ( esa que vos fezestes de mellor parecer de cuantas sei); e na última declara que a ama máis a ela que a si mesmo ( que mi-a fezestes mais ca min amar). 
Os personaxes que aparecen nesta cantiga son o trobador namorado e a dama ( ademais de Deus  ao que se dirixe o home) . A dama é denominada “ senhor” trasladándose á linguaxe amorosa a terminoloxía feudal ( a dona, a senhor) que amosa o home como servidor da muller. Ademais é caracterizada como perfecta fisicamente ( a que vos fezestes de melhor parecer de quantas sei) . O home unicamente é caracterizado como vítima do seu namoramento, sufrindo por un amor non correspondido e por non poder  sequera  ver a muller ( coita amorosa)

Por último indicaremos que se trata dunha cantiga de refrán , xa que o último verso é común a todas as estrofas.



0 comentarios:

Enviar um comentário