12/12/2016

PARTICIPACIÓN NO PROXECTO CINED



O alumnado de 3º de ESO  participa neste curso no proxecto CinEd ,  baixo a coordinación do CGAI ( Centro Galego de Artes da Imaxe)   e integrado no plan PROXECTA ( iniciativa da Consellería de Educación destinada a fomentar a innovación educativa nos centros) .
(CinED  está impulsado e coordinado en España por A Bao A Qu e liderado polo Institut français (París) en cooperación coa  Cinémathèque Française, o proxecto pretende aproximar o cine aos mozos e mozas en idade escolar, para espertar neles a curiosidade por produtos cinematográficos de recoñecida calidade aínda que non sempre dentro das coordenadas do cine comercial.  Trátase dunha oportunidade que se lles ofrece aos rapaces  para descubriren o cine europeo, coñecelo e gozalo, xa que  sobre as películas escollidas  se realizan traballos desde diferentes áreas. )
  O alumnado   asistirá á proxección das versións orixinais das películas  El espíritu de la colmena, de Víctor Erice , En construcción, de José Luis Guerin e l posto , de Ermanno Olmi . Despois da visualización haberá un coloquio dirixido por persoas especializadas e posteriormente  traballarase desde as materias de Educación Plástica e Visual e de Lingua Galega e Literatura. O proxecto ofréce este blog para compartir experiencias e impresións na que o noso alumnado colaborará cos seus traballos.

0 comentarios:

Enviar um comentário