17/12/2015

LECTURA OBRIGATORIA .4º ESO

OBRA: Poetízate ( Antoloxía da poesía galega)
AUTOR:Fran Alonso
EDITORIAL: Xerais ( colección Fóra de Xogo)


As seguintes actividades deben entregarse feitas a ordenador  empregando  un procesador de textos.
-          Debes escribir con letra a 12 a puntos (arial) , con espaciado simple  e marxe.
-          Debes recoller o enunciado de cada cuestión e responder a continuación ( podes cortar e pegar o enunciado de cada pregunta).
-          As respostas deben ser persoais e ben argumentadas. Por suposto de redacción propia.
O traballo debes enviarmo por correo electrónico ( belendegalego@gmail.com) antes do día 29 de febreiro.

ACTIVIDADES SOBRE A LECTURA:

Fai a lectura do limiar de Fran Alonso. Contesta as seguintes preguntas:

1.       Cales son os tres tópicos que existen sobre a poesía?  Indica se estás de acordo ou non con cada un deles argumentando as respostas.
2.       Comenta o que significan para ti os seguintes fragmentos do limiar:

2.1.    Así que o fundamental na poesía non é comprender o que se nos di, senón sentir o ritmo do poema, a súa sonoridade, os xogos de palabras que ás veces nos deslumbran, as fascinantes imaxes que nos ofrece.
2.2.    Pero, en todo caso, teño que dicirche que a poesía acompaña, desde sempre, o ciclo da nosa vida, nas cancións e na música, e que serve moi especialmente para explicar as emocións que non veñen no dicionario.
2.3.    A lingua, nun poema, é como o chicle, pódese sacar da boca e estirar ata que rompa. E moitas veces rompe.

3.       As seguintes cuestións son para irdes respondendo  a medida que ledes o libro . Para saber contestalas ben é  moi útil consultar a visita guiada que  Fran Alonso inclúe ao final do libro .
3.1.    O libro comeza e remata con poemas de dúas mulleres . Di o nome  cada unha delas e indica a que etapa da nosa literatura pertencen. Por que as escolle o autor do libro?
3.2.     Completa o seguinte cadro cos poetas e obras do século XIX que aparecen no libro:

POESÍA DO SÉCULO XIX
AUTOR/A
OBRAS

Follas Novas/ Cantares Gallegos

Aires da miña terra
EDUARDO PONDAL


3.3.    Que explica Fran Alonso que podemos atopar nos poemas de Pondal? En que se asemellan ou diferencian dos de Curros Enriquez?  E  aos de Ramón Cabanillas?
3.4.    Completa o seguinte cadro cos autores e obras do século XX ( preguerra)que aparecen no libro:

Autor/a
Títulos

A rosa de cen follas
ÁLVARO CUNQUEIRO

MANUEL ANTONIO


Cantiga nova que se chama ribeira
EDUARDO BLANCO AMOR


Proel   /  O galo
3.5.        Que poetas representantes das vangardas aparecen no libro? Indica que caracteriza  a cada un dos poetas mencionados ( consultar a información na “visita guiada” do final do libro )

3.6.        Que se denuncia no poema de Pimentel  titulado “Cunetas” e que relación lle encontras co poema “Xogo ruín” do mesmo autor? 

3.7.        Completa o seguinte cadro cos autores e obras do século XX ( posguerra)que aparecen no libro:
POESÍA DE POSGUERRA:
ANTÓN TOVAR


Longa noite de pedra
POESÍA DA XERACIÓN DOS 50

UXÍO NOVONEYRA                            


Terra chá

Himno verde

Con pólvora e magnolias

3.5   Indica os temas da poesía de Celso Emilio Ferreiro que aparecen na obra poñendo exemplos de cada un deles.
3.6   Que se nos di do poeta Díaz Castro? En que se diferencian o seu poema titulado Penélope ( páxina 67), do titulado do mesmo modo de Xohana Torres (páxina  86)?
3.7   Na páxina 73 atopamos un caligrama de Antón Tovar , explica en que consiste este tipo de poemas  e busca máis exemplos ao longo do libro ?
3.8   Hai  varios poemas no libro dedicados á lingua galega  . Trata de comparalos un pouco expresando que semellanzas e diferenzas atopas entre eles: “Deitado frente ao mar”  (páxina 58 ) “Lingua que rexeitaron os meus pais” ( páxina 74), “Poema do alleado” (pax.79) “Lingua amada”  (pax. 97)
3.9   Que recurso estilístico  predomina no poema  de Neira Vilas titulado “Subiote” (pax.77)
3.10   Imos fixarnos agora en dous poetas que dedicaron moito da súa poesía á paisaxe. Por un lado está Manuel María que escribiu sobre a Terra Chá e por outro Novoneyra, centrado nas terras do Courel.Fíxate como no poema da páxina 82 ( ein d´ir o Pia Paxao i a Boca do Faro) , cunha simple  sucesión de topónimos, Novoneyra é capaz de transmitir a forza da terra  e como marca o ritmo e enche todo de musicalidade.
3.11           Bernardino Graña  (pax.87) fai unha reflexión sobre a súa vida privada  xogando coa visión que teñen del outras persoas . Explíca isto.
3.12            Galicia como patria está nos poemas de varios  ( Avilés de Taramancos –pax. 89) X.L. Méndez Ferrín (pax.91). Explica o contido de cada un deles.
3.13           Intenta explicar como María Xosé Queizán  (pax. 98) e Marilar Aleixandre ( pax.100) desmitifican ou reivindican o papel das mulleres .

Completa o seguinte cadro:
POETAS DOS 80

Ningún cisne
CLAUDIO RODRÍGUEZ FER


Capitán inverno
ROMPENTE


Sétima soidade
LOIS PEREIRO

POETAS DOS 90

MIRO VILLAR


Choiva, vapor e velocidade
KIKO NEVES     


Pornografía
OLGA NOVO      


Elevar as pálpebras

3.14           Fíxate no poema de Chus Pato (pax 114 e 115) que pode recordar un anuncio de perfume . Cres que o obxectivo do poema é semellante ao dos anuncios de perfume para mulleres?
3.15           As composicións de Claudio Rodríguez Fer ( pax.117 e 118) céntranse no erotismo . Que trazos dialectais aparecen na primeira?  
3.16           O poema  “María “ ( pax.119) escrito por Manuel M. Romón foi publicado baixo a sinatura de Rompente , un grupo dos anos 70 que  se rebelou contra a cultura establecida. Averigua algo sobre este grupo .
3.17           Gonzalo Navaza escribe moitos palíndromos nos seus versos( pax.126). Explica o que son e recolleun.
3.18           Na páxina 131 , Antón Reixa  fai burla de …?
3.19           Que aspectos da vida cotiá recolle Manuel Rivas nos poemas das páxinas 132 e 135?
3.20           Pensa que os poemas de Loís de Pereiro ( pax.140-141) están escritos por unha persoa  que sabía que a súa morte estaba moi próxima. Nun deles usa un acróstico  para explicar  a razón do seu desacougo. Consulta  o que é un acróstico  e explica o poema.
3.21           Explica como os versos de Xavier Santiago (pax.152-154) imitan a linguaxe publicitaria   




0 comentarios:

Enviar um comentário