01/09/2020

A LORSA


 A LORSA 
 ( por Óscar Novo Moral de 1º D)

    A Lorsa é unha mestura de loro e morsa que vive nas mochilas dos nenos. Intenta sempre  roubarlles os deberes, pero é tan torpe que nunca o consegue. É de cor gris , ten ás e leva un gorro de cor vermella na cabeza; non é moi grande pero si moi forte. 
    A Lorsa, unha vez, meteuse na mochila dun neno que tiña os deberes feitos e por primeira vez roubounos. O neno, na clase de galego, non tiña os deberes, mirou pola ventá e viu a Lorsa. Intentou quitarllos pero a Lorsa escapou voando coas súas ás.


0 comentarios:

Enviar um comentário